Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de julio de 2019

CARMELA SILVA VISITA CAMBADOS PARA APOIAR A FÁTIMA ABAL


Carmela Silva mostrou o seu apoio a Fátima Abal esta mañán, nesta novo mandato que exercerá en minoría co apoio de Somos Cambados tralo fracaso nas negociacións co BNG. Todo o contrario que na deputación onde socialistas e nacionalistas chegaron a un acordo de governo en horas.


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto a deputada de dotacións educativas Noemí Outeda, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, inaugurou hoxe a escultura "Muller dando o peito", pertencente a mostra itinerante da Escola de Cantería "Nado en Pedra" e elaborada polo alumno Rubén Touriño. "Esta fermosa estatua dunha nai dando o peito está dedicada a todas as nais que realmente seguen a alimentarnos de soños e esperanzas. As mulleres manteñen o planeta", enxalzou Silva.
Na súa intervención, a presidenta provincial lembrou que esta escultura foi doada dende a Deputación tras a solicitude do goberno municipal de Cambados "despois do gran éxito que tivo a exposición Nado en Pedra no seu percorrido pola provincia" e engadiu que "a mostra puxo en valor ás canteiras e aos canteiros da provincia e á arte en pedra, que forma parte do que somos todas e todos nós".  Durante o acto, Carmela Silva deixou claro que "xuntas e xuntos, Concello e Deputación imos seguir facendo proxectos e, se os 4 anos pasados foron os de maior investimento en Cambados, nesta nova lexislatura aínda se van a levar a cabo máis proxectos e máis desenvolvemento para un dos concellos máis fermosos da provincia". Pola súa banda, a alcaldesa de Cambados agradeceu o apoio da institución provincial e adiantou que "a pedra é algo moi noso e por iso volveremos solicitar a nova exposición da Escola de Cantería que a Deputación pon a disposición dos concellos".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.