Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de julio de 2019

A OFICINA DE TURISMO DE CAMBADOS REPARTIRÁ PULSEIRAS ÓS VISITANTES



A concellería de Turismo promociona Cambados a través de pulseiras personalizadas
A concellería de Turismo de Cambados pon en marcha, para este verán, a pulseira promocional personalizada, que baixo o lema “I love Cambados” , entregarase gratuitamente ós turistas que se acerquen á Oficina Municipal de Turismo.
Trátase de unha iniciativa para promocionar Cambados de unha forma novidosa, unha aposta para aumentara a notoriedade e proxección da vila, convertindo ós visitantes en embaixadores da mesma.
Este proxecto busca, ademais da promoción que supón que os visitantes luzcan e porten o nome de Cambados, recompensar e fidelizar ó usuario da Oficina de Turismo, xa que o turismo é un sector cada vez mais complexo e esixente.
O lanzamento inicial é de 10.000 pulseiras dispoñibles en 5 cores diferentes, que se distribuirán na Oficina de Turismo hasta agotar existencias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.