Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de julio de 2019

UNHA HISTORIA VERDADEIRA

Así leva por nome un dos filmes máis fermosos do cineasta David Lynch, un auténtico tratado filosófico e moral sobre a responsabilidade humana e as compulsións emocionais, e un vehículo definitivo para as estrelas coma Richard Farnsworth e Sissy Spacek. Conta a Historia dun home que vai na percura doutro cruzando cun carretillo varios Estados de América ante a súbita nova de que un mal lle acontece ao seu irmán.  Ternura, sensibilidade, unha crónica na que a paisaxe coma nos filmes máis redondos de John Ford é unha personaxe máis, con vida propia. Angelo Badalamenti, o seu compositor desde Twin Peaks, pon un subraiado bucólico e onírico, que compreta unha obra mestra da sétima arte.
Nestes tempos onda todo vai de presa, no que a xente vive á velocidade do raio, este filme é a súa antítese:  unha narración pausada e tranquila que desprende PAZ. Para iso, paz, de nengunha clase no derradeiro Pleno Extraordinario da Corporación, e coma tal  fixo correr ríos de tinta e post no “feisbuk”. Todo xirou encol a unha vida segada na moeda, coma reza unha das cancións máis fermosas do cantoautor Cubano Pablo Milanés. É o signo destes tempos,  o novo Deus, a nova Relixión na que hai que “militar” queiras ou non, agora hai uns límites, e se traspasaron e de que maneira.
 Fumos  achegándonos ao Salón de Plenos de xeito paseniño; os primeiros en facer a súa entrada foron os do BNG. Víctor Caamaño cun rictus na faciana de seriedade, e detrás víu Luís Aragunde co seu equipo. Ledo por certo de me atopar caras novas na bancada popular, Luís fixo cambios na alineación coma seica está a facer  Zinedine Zidane no Real Madrid, savia nova para reformular un proxecto político que precisaba unha renovación. Tras il entrou coma unha locomotora José Ramón Abal, que foi un dos protagonistas do Pleno, e con solución de continuidade a xente de SC, agás Tino Cordal.
Aragunde achegouse á porta unha vez deixou os seus efectos persoais no seu e escano e foi  falaren con Víctor Caamaño, e mirou ARAGUNDE a este “narrador visual” coma pensando, éste trosma de Núñez outra vez aquí, pois sí, o  botaba de menos debe ser, espero que non señan un aburrimento atroz coma os dous derradeiros anos, de aí que me quedara na casa todo este tempo.
Tal acontecimento Mundial pagou a pena, por certo,  unha velada puxilística coma as de antes no Madison Square Garden de Cambados.  Os reporteiros gráficos e as cámaras de televisión esperaban impacientes á Alcaldesa  Socialista e ao líder da Prataforma Veciñal Somos Cambados. Comezaron nese intre a se disparar os flahes, tamén ao núcleo duro do BNG encabezado polo meu compadre Manolo Domínguez. É bravo Manolo, fixo perder os papeis ao actual goberno disque nas negociacións, un home tierno e salvaxe á vez, asemade sabe moito de política, eso é incuestionábel. E comezou o primeiro asalto, os contrincantes tanteáronse, aprobaron a derradeira acta do Pleno e o Secretario deu entrada á PARTE RESOLUTIVA, pola que encheuse de público este recinto que xa ten a categoría dos grandes escenarios, fermoso con todos eses carteis do Albariño colgados na parede … o gañador deste ano  por certo non me gosta en absoluto, é aburrido, asemade amarelo e verde seica son as cores deste verán, eu gosto máis do azul e branco … 
Periodicidade dos Plenos a partir de xa cada dous meses, expón o Secretario a proposta do Goberno,  que é o que reflicte a lei, polo tanto mudan as reunións que antes eran cada mes. E aí saíu José Ramón á carótida do rival: “ onda está a tan teimada TRANSPARENCIA  da que tanto gostaba falar … en realidade, non hai interese algún no Goberno en dilucidaren os temas sociais, falaren das infraestructuras da vila, van quedar temas sen debatir (…) esto é un xeito de eclipsar aos grupos que temos representación”, e soltou unha esquerda : “tedes medo a quedar en evidencia, queredes que nos calemos a boca, vos aliades coas teses do PARTIDO POPULAR.  Imos votar en CP en contra” e saíu cedo ao ring Víctor Caamaño dicindo “é algo que defendemos (facelo cada mes) o pasado ano dado os problemas de Secretaría, onda houbo postos nada fixos (menudo gancho) … desde a OPOSICIÓN imos votar tamén en contra”.
Víctor Caamaño y Manuel Domínguez comparecieron ayer en la sede del BNG | gonzalo salgado

E saíu á palestra Tino Cordal (SC) co argumento de que foi unha petición expresa da Secretaría, para que houbera unha maior celeridade  e axilidade no procedimento, e detrás a Alcaldesa, que resaltou que non se debe a querer agochar nada, que é un xeito de axilizaren e evitaren atascos nese Departamento. O  Mani Pacquiao da Política Cambadesa ( ARAGUNDE) desde a súa esquina comezou a desbullar unha mazorca de millo, dixo “que era máis acorde coma faciamos nós, había máis trámites, subvencións,  do que hai agora … 2.000 euros que lle custan aos veciños por vir aquí unha vez ao mes, canda na pasada lexislatura houbo Plenos de 20 minutos, que digades que a Secretaría está saturada vós mesmos,   é un auténtico ESPERPENTO. Non se envían os acordos no prazo legal de 6 días que delimita a lei, un goberno populista, e non o facedes cada mes en realidade porén non tedes maioría absoluta. A coherencia onda está”.   Víctor saíu do recuncho e dixo seica non é caro pagar 2.000 euros ao mes, as que valen caras son as boas e malas xestións , e con isto  devolveullelo golpe a Luís. En resumo primeira derrota do actual goberno, CP, BNG e PP tumban a primeira decisión do denominado Grupo dos 7


A continuación entrou o terceiro asalto, e Fátima Abal comezou a debullar a composición das novas Comisións Informativas, das que non hai sinal algún na páxina WEB, esa tan “barata” que nos meteron e na que agás contadas exceicións non informa NADA, e nen mentar a calidade na súa confección, outra mostra do aforro de Xurxo Charlín …  as súas declaracións de Faro o día de hoxe terán cumprida resposta porén non aquí. A Valedora do Pobo dimitíu, vou esperar a que nombren a prósima. Pois cambiando de “tercio” José Ramón voltou cargar, “onda está a Comisión Informativa de Participación Veciñal, onda está unha para Sanidade, ESTE TRÍO DE ASES non queren debatir dos problemas que realmente lle preocupan aos veciños, pasamos de 12 a 9, ao que Víctor Caamaño engadíu non teño nada que dicir, asemade Tino Cordal sí, colleu a luva e espetoulle a Abal “cántas veces reuníuse a pasada lexislatura esa Comisión de Participación Veciñal … parece que ninguén reparou no que pon a lei, as asociacións poden pedir a palabra nun Pleno, se levanta a Sesión e aquí escoitase a todo o mundo, e de novo se volta a iniciar”. É certo, eso llo vin facer ata a Gonzalo Durán en Vilanova fai pouco tempo. Ao remate abstención do PP, BNG e CP, E e o Goberno  a favor.
Resultado de imagen de fatima abal imagenes
E entrou o punto da discordia, o Goberno solicitaba (hoxe hai Pleno e seica fan unha rebaixa coma as do Corte Inglés), 42.400 euros en 14 pagas para A Alcaldesa, para  Samuel Lago e Cruz Leiro (PSOE) 23.850 por 25 horas de traballo semanais, e Xurxo Charlín e Carol Laya (SC) igual cuantía.
Boa a fixeron …  José Ramón voltou a repartir leña co famoso vídeo de Tino  Cordal en Tele Salnés no que seica dicía “ nós en Somos non queremos un salario, imos traballar sen pedir nada a cambio”, un espectáculo ollar a faciana de Tino. Esto é unha tomadura de pelo, rídesvos dos veciños, un absoluto ridículo.- En contra CP … Víctor dixo que A Alcaldesa cunha adicación absoluta debe ter un soldo, QUE O BNG ESTÁ DISPOSTO A APROBAR O SOLDO DA ALCALDÍA, ASEMADE  NON SE NOS DIXO DOS OUTROS SOLDOS NEN MEDIA PALABRA, FOI ALGO QUE SE REPARTIRON PSOE e SC … José Ramón dixo ten toda a razón Víctor, populismo barato fan éstes de SC, estamos na OPOSICIÓN, e no seu día naide tampouco se nos chamou para falar destos salarios. Ao non separar a votación COMA PEDIRON EN SINAL DE BOA VONTADE, toda a oposición en “bloque” en contra.
Tino Cordal dixo un dos mantras que ten coma NORMA, “que esas declaracións son moi difíciles de dixerir nunha democracia”, debe pensar que está na Universidade, de aí o alcume que lle asignaron do PABLO IGLESIAS de Cambados. E o PABLO CASADO  Luís, que saíu de novo coa teima de que o seu goberno era máis barato, que eran dúas adicacións absolutas, e o resto era personal de confianza. Fátima lembroulle que este goberno non ten personal eventual, e que compre teñan adicación parcial ou absoluta aqueles que foron votados polo pobo, non por ser amigos de …  e que a proposta da suba no seu salario era en función do I.P.C. Luís coma home astuto tocou entón a parte emocional, as horas extras nunha nómina dun “personal de confianza” teu ¿, o famoso Suboficial da Policía Local ADOLFO SUÁREZ … outra vez este señor en boca da oposición, é “atracción animal” o “agarimo” que lle profesan. A Alcaldesa dixo que o PP de Cambados facía demagoxia, que esa nómina que alguén filtrou  pola vila seica, era por mor da productividade, e as horas en función dun traballo que outros policías non están dispostos a facer. 
Fin do debate, e aprobación das dietas pola asistencia aos Plenos, Comisións Informativas, e Xuntas de Goberno (teñen que se celebrar segundo a lei coma mínimo cada 15 días), APROBADAS,  E VALGA A REDUNDANCIA EN MENOS DE 15 DÍAS NOS VEMOS ….
Abal, Caamaño, Charlín y Cordal en una de sus primeras reuniones antes de cerrar el pacto del 2015 | d. a.
TAL CUAL, A XUNTA DE GOBERNO LOCAL LANZOU UNHA NOVA PROPOSTA DE SALARIOS ONDA HABÍA UNHA REBAIXA DAS LIBERACIÓNS PARCIAIS POR UN CÓMPUTO DE 20 HORAS SEMANAIS A RAZÓN DE 21.500 EUROS AO MES, QUE XUNTO AO RESULTADO ECONÓMICO DO ANTERIOR GOBERNO, FORON A CERNA DO  DEBATE ONTE Á NOITE , O SEGUNDO ASALTO DO COMBATE, UNHA VEZ NA MIÑA OPINIÓN ÉSTE TIVO UN REMATE ABRUPTO, AOS PUNTOS NON SEI EU, CADA QUEN LLE POÑA A PUNTUACIÓN QUE QUEIRA …
E VOLTAMOS DE NOVO AO PUNTO DE INICIO, coa salvedade que Xurxo Charlin expoñía en plan “lucimiento personal” o seu balance económico satisfactorio, por mor da xestión, xestión, e xestión. Foi onte un primeiro punto que fixo levantar dos seus asentos ao público, en sentido metafórico. OS NÚMEROS NON SON O MEU, POLO TANTO ENGADO ENLACE, e sí compre lembrar que todo o superávit por lei ten que ir destinado a cubrila débeda que seica deixou o anterior goberno do PP de Cambados. José Ramón Abal de novo foi o primeiro en intervir (seica o que golpea primeiro faino dúas veces) e dixo que ese resultado positivo era por mor da xestión de TODO o anterior goberno, o que se aforrou na factura da luz, coma que as plusvalías xeradas fixeron berce na colectividade, o inxente esforzo dos anteriores responsables das áreas en se deixar a alma  i a pel no seu cometido, facendo un encaixe de Camariñas para cadralas contas. E aí comezou o verdadeiro debate, 25 minutos dun mitin primeiro de Luís e despois de Charlín, ante o silenzo inexplicable da Presidenta do Pleno, que pareceu abstraída dada a potencia da exposición de cada quen. Aragunde dixo que o PP ía votar que sí, porén acadouse ese resultado a costa de disminuir a calidade de vida dos veciños, que pedir cita nos Servizos Sociais da vila é un mes de espera cando seica teñen tres personas máis traballando nese Departamento, que a seguridade tiveron unha semana antes das eleicións a un Policía Local regulando o paso de peatóns os mércores e os sábados diante da Praza de Abastos, e que hoxe en día non hai nengún, que o acondicionamento da Rúa Pontevedra e Ourense estando aprobado o seu orzamento está sin se levar a cabo, que eles pediron 2.000.000 de euros nun préstamo FOMMIT (na vía xudicial) e que as cuotas hai que pagalas, que foi polo ben dos veciños,  e que se fixeron moitas cousas boas pola vila, servizos, traballo, que este goberno era digámolo así un austericidio para os veciños, que acadaron 3.000.000 de euros para a Praza de Abastos que están mortos de risa, a Piscina Municipal licitada polo PP leva xa non sei canto tempo pechada, 90 REPAROS DE INTERVENCIÓN, parecía unha ametralladora Luís, e sen gritar, con firmeza, e Víctor (BNG) dixo que a pesares de non estar dacordo en moitos puntos que tocou Luís, ao estar na Oposición non ía rebater NADA.
Xurxo sí o fixo visiblemente nervoso, decindo que ese Goberno meteu ao Concello nun Plan de Axuste Presupuestario, que dilapidou os cartos sen tino a sabendas do que estaba a facer, que eses reparos da Intervención a meirande parte deles foi por mor dunha modificación lexislativa, que o Pantalán de Tragove se puxo en Castrelo e que non o utiliza  ninguén agora, que Portos de Galicia enviou MAL de novo o Proxecto de Estudo Mediambiental para a Praza de Abastos (o Concello non ten culpa algunha), que antes petábase na porta das Administracións e agora licítase e hai uns prazos, e nin mentar os gastos do Albariño dos que non quixo dicir nada, nen dos Servizos Sociais, nen da Seguridade Cidadá, nen da falla de Salubridade Pública …  “porque yo vengo aquí a hablar de Economía”, lamentable Xurxo con tal afirmación, hai que contestaren ao que se te pregunta. Aragunde dalle sopas con honda por cousas así, normal, unha vez leva en política xa case non me lembro de cando, e ten asesores que lle preparan moi ben os Plenos, e por qué non … él fai a exposición, e onte de xeito brillante coma poderedes comprobaren de seguido.
APROBADA A MOCIÓN E XOGADA DE TRILEIRO DE LUÍS ARAGUNDE: PRESENTA UNHA ENMENDA PARA APROBAR O SOLDO DA ALCALDESA, ANTE A OLLADA DE SORPRESA DO PERSONAL … O SECRETARIO DESCONCERTADO COMEZA A REPARTILA ENTRE OS GRUPOS DO GOBERNO ONDA SE PIDE SOMETER A VOTACIÓN UN SALARIO PARA ALCALDESA POR VALOR DE 40.000 EUROS ANUAIS, CO BENEPLÁCITO DE PP, CP E BNG, e cos votos en contra da propia Alcaldesa Socialista e Somos Cambados. O titular de hoxe merece unha crónica enteira da alocución de Víctor Caamaño …  bárbaro, foi apabullante, antolóxico e maxistral, e coma contestou Samuel Lago de pena na miña opinión. A narración dese combate terá se o Administrador /-es deste Blog de Novas así o  permiten, unha nova entrada.
Saúde .-
Óscar Manuel Núñez.

Cinéfilo.-


Nota- O autor non correxiu os erros



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.