Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2019

UN ANO DE LETRAS GALEGAS


PARA O BNG O IDIOMA GALEGO TEN QUE SER CENTRAL TODO O ANO


Durante este mandato electoral o BNG, na Concellaría de Cultura, estivo tratando de abordar as actividades culturais e escolares en torno ás chamadas Letras Galegas cun enfoque moito máis amplo e consensuado, de xeito que se celebraran ó longo de todo o ano.
Así encontramos múltiples motivos para reivindicar a riqueza da nosa lingua e, en Cambados, comezamos a celebrar o Día de Rosalía en febreiro, o Día do Libro en abril, a propia celebración das Letras en maio, o Premio Cabanillas en xuño, o pasamento de Plácido Castro en xullo, o Día da Tradución en setembro, o Día das Bibliotecas en outubro, o pasamento de Cabanillas en novembro …; porque moitos son os motivos para celebrar as nosas Letras. Ademais, o mes de maio ten a súa propia programación elaborada e consensuada (ó longo do curso escolar) con representantes de todos os centros de ensino de Cambados e centrada especialmente nas actividades a realizar con todos os colexios e institutos do noso concello.
Este ano o autor homenaxeado é Antón Fraguas e en torno á súa figura, a Concellaría de Cultura achegará ós e ás estudantes cambadeses/as as seguintes propostas educativas e culturais:
Os centros de ensino poderán escoller entre  dúas propostas culturais diferenciadas por niveis educativos. Ambas celebran e divulgan os principais estudios etnográficos feitos por Fraguas axeitadas para os centros de Primaria ( 4º, 5º e 6º) e da ESO.
  1. O CARRO.
Aconsellable para o alumnado de primaria, consta de tres partes
1.1 Documental e exposición de fotografías e planos da enxeñaría construtiva do carro tradicional. Parte inicial que serve de elemento motivador para o que segue.

1.2 O carro vai á escola. Consta de tres partes, con tres monitoras/-es.
Un  carro de vacas, realizado a escala reducida, é levado ao centro, desmontado en aprox. 50 pezas; cada alumna ou alumno asume como nome propio o nome da peza que se lle entrega, así Paulo agora chámase fungueiro; Marta, pasa a ser eixo, e así todas as pezas. O paso seguinte é proceder por parte do alumnado á construción do carro, no que finalmente poden subir algúns dos participantes, tirando outros del.
1.3 Charla con soporte audiovisual sobre a figura de A. Fraguas. Á esta parte vai asociada unha completa mostra da obra editada en formato de libro de A. fraguas
  1. O TRAXE
Aconsellable para secundaria, consta de tres partes:
    1. Documental e exposición de fotografías das diferentes partes das que se compón o traxe tradicional de Galicia, nas súas versión masculina e feminina, e nas variantes de traballo e de celebración en cada caso.  Parte inicial que serve de elemento motivador para o que segue.

    1. As pezas de vestimenta, calzado, complementos e ornato son asumidas por cada alumna e alumno como o seu propio nome. Unha vez distribuídas proceden elas e eles a vestir un figurino ata a súa finalización.

    1. Charla con soporte audiovisual sobre a figura de A. Fraguas. Á esta parte vai asociada unha completa mostra da obra editada en formato de libro de A. fraguas
Calquera das versión está pensada para que o alumnado traballe non só a figura de Fraguas, tamén lingua, literatura, historia, economía, coñecemento do medio, pretecnoloxía, creación artística …

Os centros de Infantil

Terán dúas sesións de audiovisual, en cada centro, con proxección de película de animación axeitada á idade de 1 a 3 e 3 a 6 anos, en galego, e cos dereitos de reprodución en regra.

Os centros de Secundaria, FP e Bacharelato
Terán a escoller ou unha sesión do Carro ven á escola, ou o Traxe; ou a Charla e Proxección audiovisual.

Ademais desta programación especialmente pensada para os centros de ensino, publicarase outra destinada a todos e todas as veciñas de Cambados que poderán consultar en formato  cartel e díptico (achéganse con esta nota).

7 Maio.- Teatro Escolar no Auditorio. “As bombas e o xeneral” da Compañía Tanxarina (11:30 Colexios de Corvillón e Vilariño). Organiza Concello de Cambados (prezo: 2 ́5 euros)
8 Maio.- Teatro Escolar no Auditorio. “ As bombas e o xeneral” da Compañía Tanxarina (11:00 Colexios de Castrelo e Magariños; 12:30 Colexio San Tomé). Organiza Concello de Cambados (prezo: 2 ́5 euros)
11-19 Maio.- No Paseo da Calzada exposición dos paneis das Letras Galegas elaborados polos centros de ensino de Cambados, adicados a Antón Fraguas.
12 Maio.- Festival das Letras Galegas “Con de Xido” no Pazo Torrado (en caso de choiva no Salón de Peña).
13 Maio.- De 17:00 a 20:00 horas Lectura Continuada pública, de obras de Antón Fraguas e Ramón Cabanillas, no Paseo da Calzada.
15 Maio.- 12:00 horas, Ofrenda Floral das Letras Galegas dos Centros de Ensino de Cambados. Ás 12:30 horas actuación de Conticánticos co espectáculo “Trotasongs”.
17 Maio.- Ás 12: 30 horas Concerto das Letras Galegas da Banda de Música de Castrelo Ás 20:30 horas Teatro no Auditorio, “Pepa a Loba”
18 Maio.- Teatro de alumnado do Colexio Castrelo no Auditorio. Organiza Anpa Castrelo
19 Maio.- Ás 12:30 horas actuación musical do grupo Xironsa no patio exterior de Exposalnés
27 Maio.- Teatro no Auditorio para alumnado de primaria dos centros de ensino de Cambados (“Canta a miña pedra canta”). Organiza Editorial Galaxia.
31 Maio.- Actuación musical teatralizada no Auditorio Municipal. “Un verso, un cantar” (Andrea Pousa e o Bruxo Queiman)
19-22 Xuño.- I Feira do Libro de Cambados no Paseo da Calzada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.