Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2019

SOMOS CAMBADOS PRESENTA UN AMBICIOSO PROGRAMA DE APOIO AO DEPORTE BASE E AFICIONADO



Tino Cordal, candidato á alcaldía por Somos Cambados, destacou que as políticas de apoio ao deporte serán unha das prioridades na acción de goberno.

Cordal sinalou que a candidatura de Somos Cambados inclúe persoas moi vinculadas ao deporte base, como é o caso de Fernando Patricio (presidente do Club de Atletismo) ou Noelia Gómez (presidenta e adestradora do club de Taekwondo), que ocupan lugares destacados na candidatura, ademais de Manuel Fariña (colaborador do fútbol base e futbolista federado de veteranos), Gabriel Sineiro (adestrador do fútbol base) ou Ana Pintado (futbolista federada).
Ademais de salientar os beneficios da práctica deportiva, Cordal destacou a importancia do deporte base como motor económico do tecido empresarial cambadés, xa que cada fin de semana acoden a Cambados centos de deportistas acompañados dos seus familiares que aproveitan a súa estancia para xerar un retorno económico no comercio e na hostalería.  Por iso, un dos obxectivos prioritarios será a celebración de eventos deportivos de carácter supramunicipal, que contan con gran capacidade de atracción de visitantes, como se comprobou co campionato provincial escolar de taekwondo, organizado pola nosa candidata Noelia Gómez, que se celebrou hai unhas semanas en Cambados e ao que asistiron 250 familias.

Despois de manter unha reunión de traballo coa directiva Club Juventud de Cambados e outros clubs deportivos, e debido ao importante incremento de usuarios das instalacións do Pombal, Somos Cambados cre necesario acometer unha serie reformas nese complexo deportivo, entre as que destacan a  instalación de iluminación led no campo de fútbol pequeno, que permitiría maximizar o seu uso, dotación de máis zonas de vestiarios, habilitar un acceso ao campo grande desde o paseo marítimo e reformar a grada para protexer aos espectadores da chuvia e o vento, así como solicitar a Costas a instalación dunha segunda grada que posibilitaría a celebración no campo grande de competicións e torneos que polas deficiencias actuais non se poden realizar. Así mesmo, o programa de deportes de Somos Cambados contempla a construción dunha pista polideportiva de acceso libre, moi demandada polos afeccionados non federados.

Nova cafetería e local acristalada enriba dos vestiarios do Pombal

Para maior comodidade dos espectadores e dos pais que acoden diariamente ao Pombal, Somos Cambados xa ten realizado o proxecto de construción dunha cafetería acristalada enriba dos vestiarios que dividen os dous campos de fútbol, destinando espazos nesa nova construción tamén para oficinas e almacéns, similar a a xa existente noutros Concellos e que a súa explotación sairía a concurso, desta maneira a vez de mellorar os espazos deportivos e a zona para que os pais poidan ver comodamente as competicións deportivas dos seus fillos, tamén incrementaría e melloraría o patrimonio municipal e os ingresos do Concello coa concesión do local que vai saír a licitación pública.

Somos Cambados inclúe no seu programa o incremento paulatino das axudas aos clubs deportivos ata chegar a dobrar ao final do próximo mandato a aportación económica municipal, que estará condicionada ao cumprimento por parte dos clubs de tres requisitos fundamentais: o apoio ao deporte feminino, o impulso ao deporte de integración e a realización de eventos supramunicipais.
No programa de goberno de Somos Cambados tamén se inclúe a promoción e apoio dos deportes minoritarios, que a pesar de carecer da visibilidade do fútbol ou o baloncesto, realizan unha importante labor e acollen a centos de nenos nos seus equipos. Somos Cambados contempla a realización de xornadas deportivas destinadas a nenos e maiores para dar a coñecer  todas as posibilidades de práctica deportiva que ofertan os nosos clubs.

Unhas das principais novidades do programa de goberno é a instauración de becas ao nenos que practican deporte federado, que consistirá nunha axuda económica  para facer fronte aos gastos que ocasiona a práctica deportiva.
Cordal destacou que “este ambicioso programa deportivo está avalado pola excelente xestión económica realizada nestes catro anos, nos que se sanearon as contas municipais e se conseguiu sair do plan de axuste”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.