Unha vez pasadas as festas a todos nos quedan dúbidas sobre que cousas faltan e que outras sobran na máis grande festa de Galicia e na que hai xente empeñada en desprestixiar, e non precisamente son os partidos da oposición nin certos blogs entre os que nos incluímos, como queren facernos crer algúns.
Precisamente todo o contrario. Queremos que a festa siga crecendo e que sexa a festa de todos e para todos cos cartos de todos e non a festa dus poucos para eses poucos cos cartos de todos.
As preguntas son sinxelas e directas.
A primeira pregunta é: Que eliminarías da Festa do Albariño?. E a segunda é: Que engadirías a Festa do Albariño?
Hai tres respostas para cada pregunta pero podedes engadir algunha resposta máis que votedes en falla.
Para participar so tes que entrar no blog e na parte superior dereita tes as enquisas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.