Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de noviembre de 2018

NOVO EMPATE DO CAMBADOS TENIS DE MESA NUNHA REMONTADA ÉPICA



A visita do Cambados Tenis de Mesa a San Sebastián de los Reyes pechaba a xornada de competición na Superdivisión Masculina de Tenis de Mesa.
San Sebastián de los Reyes e Cambados Tenis de Mesa concluíron a sétima xornada con máxima igualdade, empatando o último duelo. Ichinose, Casares e Das Heras adiantaron 3-0 ao equipo madrileño, mentres que Liang, Shaposhnikov e Soria lograron empatar o duelo. Polos cambadeses formaron Qiu Liang(1) cedendo ante Takumi Ichinose e vencendo a Rafael Casares, Stepan Shaposhnikov(1) cedendo ante Rafael Das Heras e vencendo a Takumi Ichinose e Javier Soria(1) cedendo ante Rafael Casares e vencendo a Rafael Das Heras.
Igualdade máxima como se demostra no axustado dos marcadores parciais. Todos foron a 4 puntos e os dous que deron o empate a Cambados chegaron a 5.


Con este resultado o Cambados TM deixa por debaixo ao clube madrileño que ten un partido menos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.