Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de noviembre de 2018

CAMBADOS CELEBRARÁ O DÍA DO ENOTURISMO CUN "SHOWCOOKING Á CAMBADESA".

Un sowcooking a cambadesa para o dia europeo do enoturismo




Cambados celebrará este vindeiro domingo 11 de novembro o Día Europeo do Enoturismo cunha actividade novidosa e aberta ao público.
Dado que a Ruta do Viño centra este ano o evento no Concello de Soutomaior, a vila do albariño prepara un “Showcooking á cambadesa” que terá lugar no Salón Peña a partir das 12.00.
A cita maridará os viños das adegas Martín Códax, Don Olegario e Lagar da Cachada coas propostas gastronómicas do chef Antonio Botana.
Para poder participar, será necesario unha inscripción previa gratuita na Oficina de Turismo de Cambados cun límite de 60 prazas.
Todo elo o avanzaba esta mañá o Concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, acompañado por representantes das adegas participantes e polo chef Antonio Botana en Arousa Sí Radio Salnés.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.