Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2018

UN CONDUCTOR DA POSITIVO TRAS PROVOCAR UN ACCIDENTE EN CAMBADOS


ARQUIVO

Durante a madrugada de onte producíase un accidente de tráfico no acceso de Cambados á autovía do Salnés. Un vehículo saíase da vía circulando en dirección a Ribadumia, pouco despois da a gasoliñeira. Ata lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, que lle realizaron a proba de alcoholemia ao condutor. Deu 0,96 miligramos por litro en aire aspirado, unha taxa que sextuplica o permitido por lei, que está en 0,15.Os feitos tiveron lugar ao redor das doce e media da noite, informa Protección Civil de Cambados, que tamén se desprazou ao lugar dos feitos. No sinistro non houbo que lamentar feridos. O condutor terá que acudir ao xulgado número 2 de Cambados, onde se instrúen as dilixencias por conducir superando os límites de consumo de alcol permitidos.
Tratase dun veciño de Moraña que ao igual que os seus 2 acompañantes non sufriron lesións.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.