Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de agosto de 2018

"ULO VERMÚ?" REMATA POR ESTE ANO CON UN GRAN CONCERTO



Mañán sábado 1 de setembro na Praza do Con (San Tomé, Cambados), dende as 20:00h.


Trátase dunha programación organizada polo Concello de Cambados e Zona Centro, e coa colaboración dos de Ulomanía Coop. Todo presentado cos deseños do xenial Daniel Alonso, de El AlmaZén de La Casa Taller. O programa ata o momento desenrolouse con catro sesións matinais, en horario de vermú, cos directos de Dead Wood, Breakin' Bones, The Gypsy Souls e Little Juice, cun resultado de público máis que satisfactorio.

A última sesión será moi diferente, en horario de tarde-noite e cunha proposta musical máis arriscada. Os protagonistas serán as bandas Superser e Travesti Afgano, contando ademais coas seleccións da picadiscos Bimba durante todo o serán. Para esta sesión, a organización contará ademáis con diversos colaboradores: a iniciativa multidisciplinar de Enoturismo Rías Baixas (enoturismoriasbaixas.com), a distribuidora Cobesa e Super Bock, a adega Paco y Lola e o Ribeira de Feriñáns. O espazo da praza do Con estará acondicionado con tóda-as comodidades precisas para o desfrute dunhas horas de música ao vivo, con servicio de barra, pinchos, asentos, e algunha sorpresa máis.

Os protagonistas:
Bimba será a encargada das seleccións musicais, ofrecendo varias sesións de duración reducida. É unha das picadiscos favoritas de Ulomanía Coop e a máis imprevisible que coñecen.
Superser son unha banda de garaxe de Cedeira, a última sensación do xénero do país. Practican una fórmula adictiva de garage, blues psicodélico e surf, inspirados en Link Wray, Roky Erikson ou Sky Saxon. Chegan a Cambados en plena xira de presentación do seu flamante 7'' de debut que está a recibir excelentes críticas, e do que xa quedan moi poucas copias.

Travesti Afgano son a mellor banda galega de post-punk. Con membros de varios puntos de Galicia, e un pasado en ilustres formacións. Son habituais das citas máis underground de toda península ibérica e se a estas alturas non os coñecedes é que algo estades facendo mal. Os seus dous LPs son auténticos cañonazos, con letras que son puro delirio, e nas que non deixan títere con cabeza. "Jefes de Julais" foi o seu irreverente debut no 2015, e o ano pasado lanzaron "Nos Vale Madre", un lp cun son moito máis consolidado que o anterior, e aínda máis divertido (aínda que pareza imposible) e no que ademáis dos seus temas desternillantes inclúen covers dos Angry Samoans e os Country Teasers.

O telexornal das 20:30 hrs emiteu unha pequena entrevista a un dos membros de Ulomanía Coop organizadores xunto ao Concello desta iniciativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.