Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de septiembre de 2018

TRES COCHES E UN AUTOBÚS ESCOLAR QUE SE DIRIXÍA A CAMBADOS INVOLUCRADOS NUN ACCIDENTE EN VILANOVA CON TRES FERIDOS




Unha menor foi evacuada nun helicóptero medicalizado tras resultar ferida de consideración nun dobre accidente ocorrido en Vilanova de Arousa.
Sobre as 09:00 horas desta mañá, un particular poñía en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que se trataba dun accidente entre tres vehículos e un autobús escolar. 
Dous accidentes encadeados con tres coches e un autobús escolar implicados. Das tres persoas que quedaron feridas, a peor parte levouna una nena de catro anos.

As dúas colisións producíronse case deseguido na estrada autonómica que enlaza Vilanova e A Illa de Arousa, ao paso pola parroquia de Deiro, contra as nove da mañá.
A condutora dun coche freou e a que viña detrás non o deu esquivado e bateu contra el. Foi un golpe de pouca importancia e nin se mancaron as condutoras.

Sen embargo, debido a este accidente, produciuse outro choque entre outro turismo e un autobús escolar e  no que viaxaban dez escolares que se dirixían a Colexio Salesianos de Cambados.  No turismo,  viaxaba unha menor que resultou ferida de consideración e foi trasladada na aeronave ao Hospital Clínico de Santiago. Con ela viaxaba  súa nai, que tamén resultou ferida e foi evacuada nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.
Con todo, os servizos sanitarios de urxencia do 061 confirmaron que un dos escolares que viaxaba no autobús tamén resultou ferido, polo que, finalmente, foron tres os feridos, un trasladado ao Hospital Clínico de Santiago e dous ao Hospital do Salnés.
Unha vez evacuados os feridos, outro autobús recollía aos escolares para continuar o seu destino. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.