Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de septiembre de 2018

A DEPUTACIÓN INSTALARÁ 88 NOVOS REDUTORES DE VELOCIDADE NAS ESTRADAS PROVINCIAIS DO SALNÉS AO ABEIRO DO PLAN MÓVESE 2



O Departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai instalar 88 novos lombos nas estradas provinciais do Salnés ao abeiro do novo Plan de mobilidade e velocidade Segura (Plan Móvese 2). Segundo explica o deputado Uxío Benítez, a comarca é a que máis solicitudes de dispositivos de calmado de tráfico solicitou de toda a provincia na segunda fase do plan, que xa está en fase de licitación.

O nacionalista explica que os novos redutores de velocidade (RV) e pasos de peóns sobreelevados (PPS) situaranse en 23 vías elixidas polos concellos, estratexicamente en treitos onde é preciso aumentar a seguranza viaria. Segundo destaca Benítez, o investimento total no Plan Móvese ascende a 852.476,89 euros entre as dúas fases no Salnés, acadando no proxecto que está en contratación nestes momentos os 447.338,74 euros. Hai que lembrar que o gasto total entre todos os concellos da provincia nesta liña de prevención da violencia viaria supera os 4.567.000 euros nos últimos dous anos.

Neste Plan Móvese 2 incorporáronse concellos do Salnés que non fixeran petición de dispositivos redutores de velocidade na primeira fase: Cambados, Meaño e Meis. Nesta convocatoria da Deputación o Concello de Vilanova de Arousa é o que maior número de elementos solicitou, con 20 en total, para diferentes puntos quilométricos das estradas EP-9701 Baión-Andras (5 RV), EP-9702 As Sinas-Vilanova (6 RV e 4 PPS), EP-9703 Vilanova-Pontearnelas (4 RV e 1 PPS). Deste xeito, Vilanova de Arousa disporá xa de 25 elementos, contando cos cinco instalados na fase anterior.

O seguinte concello en peticións do ‘Móvese 2' foi Ribadumia, con 17 solicitudes: 4 RV para a estrada EP-9302 Xil-Cobas-Barrantes; 6 RV e 1 PPS para a estrada EP-9305 á igrexa de Barrantes; 1 PPS para a estrada EP-9402 O Mosteiro-Barrantes; e 3 PPS e 3 RV para a estrada EP-9508 Lois-A Goulla. Deste xeito, Ribadumia disporá dun total de 20 dispositivos e dun investimento provincial de 126.990 euros ao abeiro deste plan provincial, e que se sumarán ás instalacións do novo proxecto para a estrada EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro.

O Concello de O Grove solicitou no ‘Móvese 2' outros 15 dispositivos que engadir aos 10 que xa dispoñía da primeira edición, recibindo un investimento de máis de 180.000 euros en total. Nesta fase instalaranse 2 RV e 2 PPS na EP-9101 entre O Grove e a igrexa de San Vicente; outro PPS no acceso ao miradoiro de Siradella, dous novos redutores na rampla de Meloxo e 7 PPS e 1 RV no camiño da Virxe das Mareas.

Pola súa banda, no Concello de Meaño, que se incorpora ao plan, a Deputación instalará 12 novos ‘lombos': 1 PPS e 2 RV na EP-9205 entre Sanxenxo e Meaño; 4 RV na EP-9207 A Vichona-Dena; e 5 RV na EP-9302 Xil-Cobas-Barrantes. O Concello de Meis disporá de 11 dispositivos: 2 PPS e 4 RV na EP-9402 O Mosteiro-Barrantes; un PPS e un RV na EP-9404 á igrexa de Paradela; e  2 RV e 1 PPS na EP-9405 entre San Martiño-A Armenteira-O Busto. O último dos municipios que estrea Plan Móvese será o de Cambados, con 10 dispostivos: 2 PPS na estrada EP-9001 Castrelo-O Couto de Abaixo; 4 RF na EP-9002 Fefiñáns-Oubiña; un PPS na variante de Cambados; e dous redutores na EP-9004 Corbillón-Tragove.

No caso do Concello de Sanxenxo, o Plan Móvese 2 só deixará un redutor e un paso de peóns sobrelevado na estrada EP-9201 Sanxenxo-Bordóns-Samieira. Sen embargo, este concello do Salnés é o que máis ‘lombos' da Deputación terá na comarca, dispoñendo entre as dúas fases Móvese de 69 dispositivos de calmado de tráfico (e un investimento de máis de 249.000 euros), ademais dos existentes nos proxectos específicos de Luis Rocafort e na mellora da estrada de Dorrón. Por último, na Illa de Arousa instalarase un novo paso de peóns sobreelevado na EP-9801 entre a Ponte e Laxes, que se suma aos catro dispositivos construídos na anterior edición.

Segundo manifesta o deputado responsable das vías de titularidade provincial, Uxío Benítez, a intención da Deputación ao implantar de maneira sistemática os elementos de calmado de tráfico coñecidos como ‘lombos' é dar unha resposta á problemática da seguranza viaria. O nacionalista destaca que a violencia viaria, principalmente debida ao exceso de velocidade, é evitable, e que os dispositivos de calmado de tráfico como os da Deputación téñense demostrado como os máis efectivos para reducir a rapidez dos coches.
Asegura que por moito que as institucións poñan radares, sinais ou multas ás e aos condutores irresponsables a única actuación que proporciona resultados efectivos para evitar velocidades altas é instalar barreiras físicas nas vías que obriguen a frear os seus vehículos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.