Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de septiembre de 2018

CAMBADOS INICIA O OBRADOIRO '"EMPRENDE XOVEN"




O Obradoiro de Emprego de Cambados “Emprende Xoven” arrancou esta mañá cun total de 16 alumnos nos módulos de “TIC’s e actualización dixital de equipamentos informáticos” e “Xuventude Activa” de dinamización de tempo libre.
Todos eles recibirán durante seis meses unha formación axeitada que lles permita, unha vez finalizado o obradoiro, incorporarse ó mercado laboral, ao tempo que realizarán diversas actuacións no municipio.
O Concello conseguiu unha subvención da Xunta de 154.262 euros para poñer en marcha unha nova edición dos obradoiros de empregos que se veñen realizando en Cambados cunha inserción laboral do 70%.
Así o explicaba a alcaldesa Fátima Abal trala inauguración do Obradoiro.
Pola súa banda, o Tenente de Alcalde Victor Caamaño lembrou que “a finalidade deste obradoiro de emprego é por un lado a formación e o emprego dun dos colectivos máis prexudicados pola crise como son os mozos menores de 30 anos e combinar dúas accións tan importantes como é a formación para mellorar o acceso ao mercado laboral dos mozos e por outra banda poder dar unha axuda ás persoas que máis o precisan”.
Para rematar, o edil de Promoción Económica, Xurxo Charlín, destacou que “con esta iniciativa pretendese tamén dar resposta á demanda dos cambadeses tanto do casco histórico como das parroquias do rural e, máis en concreto, dos emprendedores do sector do turismo e do comercio, para mellorar a oferta cultural e de ocio, e o uso das novas tecnoloxías, fomentando o emprendemento, a promoción económica e o turismo, e facilitando a desestacionalización do mesmo neste Concello”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.