Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de septiembre de 2018

ARRANCA A SELECCIÓN DE ALUMNOS-TRABALLADORES DUN SEGUNDO OBRADOIRO DE EMPREGO EN CAMBADOS




O Concello de Cambados terá este ano un segundo Obradoiro de Emprego.
Ademáis do "Emprende Xove" inaugurado esta maña a vila acollerá o denominado "Cambados Ruta Marítima Camiño de Santiago”, subvencionado, igualmente, pola Xunta cun importe de 282.807,01€.
O Concello comeza xa o proceso de selección dos alumnos-traballadores participantes.
Concretamente, serán 10 prazas na especialidade de "Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería e Conservación e Mellora de Montes" e outras 10 prazas na especialidade de "Traballos de Carpintería e Moble", ademáis do persoal docente.
Os requisitos esixidos están publicados no portal de transparencia e na web municipal.
Os traballos que se van a realizar neste obradoiro serán de acondicionamento e recuperación de áreas recreativas e zonas verdes, dotación de mobiliario no casco urbano, limpeza, mantemento e prevención incendios no Monte da Pastora, acondicionamento das Rutas Marítimas Xacobeas o seu paso por Cambados, acondicionamento da senda peonil do Río Umia e restauración das carpinterías exteriores de madeira do Salón Peña.

Fonte: Arousa Sí Radio



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.