Esta mañán foi inaugurada a Feira de Oportunidades de Cambados. O acto contou coa presencia da alcaldesa Fátima Abal, os concelleiros Víctor Caamaño, Tino Cordal, Xurxo Charlín e J. Ramón Abal e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, xunto a representantes da Asociación Cambados Zona Centro.
José Manuel Cores Tourís valorou a presenza de cinco postos máis este ano, ata un total de 35, e destacou a colaboración da Xunta de Galicia na posta en marcha desta iniciativa na que se agarda unha afluencia similar a edicións pasadas, con máis de 20.000 visitantes. O delegado territorial recordou a colaboración da administración autonómica co pequeno comercio, lembrando que en 2017, a Consellería de Economía destinou 425.000 euros ás asociacións de comerciantes e praceiros da comarca do Salnés co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade. Lembrar tamén o esforzo conxunto do Concello cambadés e da asociación de comerciantes para dar un pulo ao pequeno comercio de Cambados para a mellora de servicios a comerciantes e clientes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.