Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de julio de 2018

VOLVE A TROULA A CAMBADOS



A Troula volve a Cambados en agosto, coa segunda edición de Serán de Troula. Esta vez son os xoves os días elixidos para este ciclo de concertos orientados á mocidade, buscando ser un anticipo da fin de semana.
O salón de plenos da casa consistorial acolleu a presentación do evento, nunha rolda de prensa na que a alcaldesa, Fátima Abal, o concelleiro de xuventude Miguel Pérez e a organizadora do evento Cristina Padín deron a coñecer os detalles das actuacións musicais.
A primeira das citas será o xoves 9 de agosto na praza de Alfredo Brañas e estará adicada ao blues, cos grupos Mojo Experience e The Fabulous Resaca Brothers.
O 16 de agosto será o turno do pop, con Marem Ladson e unha sesión de DJ, na praza das Rodas.
E pechará o ciclo o serán de rock, o 23 de agosto na praza do Castriño, con Foxy Freire e Kings of the Beach.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.