Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de julio de 2018

108 PERSOAS VISITARÁN CAMBADOS ESTA FIN DE SEMANA GRAZAS A "EN RUTA COA DEPO"




Máis de 800 persoas participan durante esta fin de semana nas excursións do programa "En Ruta coa Depo".

Veciñas e veciños de 8 concellos da provincia de Pontevedra realizan visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese e cun alto valor turístico.
O programa "En Ruta coa Depo" organiza esta fin de semana 11 novas excursións na que participan 810 persoas de 8 concellos da provincia. Estas excursións permitirán ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

Deste xeito 108 persoas da AVCU-CSCR de Beade poderán coñecer Cambados, Cidade Europea do Viño: Museo Etnográfico e do Viño, ruínas de Santa Mariña Dozo, conxunto histórico de Cambados, adega do pazo de Fefiñáns (con degustación) e Museo Muíño de Mareas da Seca.

"En Ruta coa Depo" ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia  e inclúe xantar e trasporte.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.