Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2018

A MELLOR PREGOEIRA QUE A FESTA DO ALBARIÑO PODERIA TER


Quería comezar cunha anécdota que define á perfección á persoa da que quero falar hoxe ………
Fai unhas semanas cando estaba de vacacións en Cambados, ao dia seguinte da inauguración do mercádello solidario que se montou no Pazo Torrado a beneficio da asociación GaliciAME , fun   visitalo, acompañado da miña familia, e, como non podía ser doutro xeito, aproveitei para saudar a Merchi Álvarez; non é ningún segredo a admiración e a devoción  que sinto pola persoa de Merchi e pola valentía e a decisión con que afrontou (e afronta) a terrible enfermidade que esta a padecer; a cuestión é que, unha vez , que
abandonamos o Pazo de Torrado, o meu fillo Pau (que non perdera detalle da miña conversa con Merchi) preguntoume quen era esa muller coa que me vira falando i eu, para espertar, aínda  máis,  a súa curiosidade simplemente díxenlle: “meu fillo, esa muller é a persoa mais forte que coñecín na miña vida”; obviamente aquela resposta desconcertou ao meu fillo que, case de inmediato, contestoume: “¡pero papa, si estaba en una silla de ruedas!” …… i eu que, como pai, coñezo un pouco aos meus fillos, xa lle tiña preparada a réplica: “¿e quen estaba falando de forza física, Pau? ¿Acaso non te lembras de Stephen Hawking (o físico e astrónomo británico e unha das mentes mais brillantes dos últimos 50 anos) acaso non estaba tamén nunha cadeira de rodas?” ….. debo sinalar que o meu fillo Pau e un fan acérrimo da serie televisiva “Big Bang Theory” onde se veneraba á figura de Stephen Hawking (incluso apareceu en algún  capitulo) o que levou ao meu fillo a interesarse pola vida e obra do astrónomo, recentemente falecido e que visitou no seu dia Cambados.….. entón, eu, aproveite  para  explicarlle, brevemente, quen era e todo o que levaba feito Merchi para que comprendera  que, a verdadeira forza, reside na vontade,  nas ganas de vivir e nas ganas de loitar e,  niso, Merchi é todo un exemplo a seguir.
Cando estaba a punto de rematar as miñas vacacións en Cambados, en concreto, o dia de Santa Mariña, volvín a coincidir con Merchi e díxome  algo que, naquel  momento, pregoume que non comentara pois aínda non era oficial e non era outra cousa que ela sería a pregoeira da Festa do Albariño deste ano; non desvelo ningún segredo si digo que, no momento no que me contaba tal feito, a Merchi brillábanlle,  especialmente,   os seus preciosos ollos, mestura da emoción e do orgullo  que para ela supoñía  ( e que supoñería para calquera cambadés) tal acto; tampouco desvelo ningún segredo si confeso que, naquel intre, eu tamén emocioneime e, como lle dixen á propia  Merchi, si alguén merecía tal honra, sen dúbida, era ela.
Fai un par de anos, nun artigo que lle dediquei a Merchi Álvarez e a toda labor que viña desenrolando, dixen que hai xente que, nas condicións mais adversas, saca a súa  verdadeira forza, o seu autentico potencial e, sen dúbida, esta guapa cambadesa é un claro exemplo do mesmo. Cando a Merchi lle diagnosticaron o AME (Atrofia Muscular Espinal) non se resignou a que a enfermidade, a medida que evolucionaba ( e mais  facíase necesaria a axuda dos demais), minara as súas ganas de loitar,  por iso empeñouse en dar a coñecer a enfermidade i en buscar fondos para investigar dito mal, e así foi como comezou a idear campañas, actos para que se coñecera un pouco mais deste mal que a ela,  nesa maldita lotería que, as veces,  é a vida tocoulle de pleno.
Hoxe en dia ninguén poderá negar   que a verdadeira culpable de  que saibamos  o que representa  e, sobre todo, as consecuencias  da Atrofia Muscular Espinal é a nosa veciña e amiga Merchi Álvarez, quen, con campañas (algunhas das cales, xa lle gustaría telas firmado algún creador publicitario) fixo visible unha enfermidade das chamadas “raras” e, así,  apareceu en programas de “prime time” como “Volverte a ver” ou implicar a famosos  como o actor Antonio Resines ou, mesmamente, a Richard Gere; do mesmo xeito non paraba de saír en tódolos medios onde podía facer chegar a súa mensaxe, xa fora nun programa de radio para galegos nunha emisora de Sant Boi de Llobregat (Barcelona), emisión, por certo, na que tiven o pracer de poder saudarlle a través das ondas,  como  presentarse no mesmísima Cámara Alta, o Senado, en Madrid.  

Obviamente nesta loita Merchi non esta soa, conta co apoio incondicional  do seu home Roberto e dos seus pais Moncho e Rosa pero,  ademais,     conta co apoio de moitos amigos, cambadeses que se foron unindo á súa loita, veciños como: Maribel Oubiña, Pastora Pillado, Simone Zels, Cali Estevez Prado, Charo Oliveira, Angeles e Rosa Prado e un longuísimo etc.
¿E agora que lle depara ó futuro a Merchi? Eu sigo a  ser optimista e penso que Merchi acabará  ganándolle a guerra ao AME; nalgunha ocasión Merchi contoume os avances e as investigacións que se están levando acabo neste sentido e os resultados invitan ao optimismo e soamente cabe desexar que Merchi podase beneficiar deles.
Este mercores, 1 de agosto, desgraciadamente, eu non poderei estar en Cambados no inicio da Festa do Albariño para escoitar a Merchi; dende aquí  si lee isto que saiba que somos moitos os que estamos orgullosos dela, que é unha das mellores embaixadoras da nosa vila e que é un exemplo de superación para moita xente, comezando polo meu fillo Pau. 


Por Ricardo Domínguez Rey











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.