Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2018

ROBERTO VILAR SERÁ INVESTIDO CABALEIRO DO ALBARIÑO EN CAMBADOS




Robeto Vilar, actor, humorista e presentador do programa da TVG Land Rober será investido Cabaleiro do Capítulo Serenísimo do Albariño na 66º edición da festa que se celebra a partir deste mércores en Cambados para enxalzar este viño. Vilar lucirá o vindeiro domingo a capa de cabaleiro xunto á única dama deste ano, a escritora premio Princesa de Asturias Nélida Piñón, e os demais nomeados con esta distinción: o presidente da adega Paco&Lola, Carlos Carrión; o presidente de Freixenet, José Luis Bonet, e José Faro Rúa, empresario galego en Brasil. O Capítulo Serenísimo deu a coñecer este martes os nomeamentos deste ano, entre os que se inclúen os Albariñenses de Honra que serán a agrupación de Baile Tradicional Con de Xido de Cambados, a Cámara de Comercio e o municipio valisoletano de Cigales, a proposta do Concello de Cambados, así como as Follas de Prata e Xóvenes Albariñenses.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.