Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2018

XORNADA TÉCNICA: NOVAS TENDENCIAS E PROCESOS NA ELABORACIÓN DE VIÑOS




Nos derradeiros anos os viños galegos sobresaen nos mercados tanto nacionais coma internacionais fundamentalmente pola explotación das variedades cultivadas nos nosos viñedos, as nosas variedades autóctonas, que conforman un patrimonio varietal gardado e utilizado para a reestructuración do viñedo en Galicia. As denominacións de orixe galegas así como as indicacións xeográficas protexidas utilizan de xeito eficiente estas viníferas autóctonas, maioritariamente o Godello, a Treixadura, o Albariño, a Mencía, o Caíño e o Brancellao. O respecto e a potenciación destas variedades propias constitúe o alicerce principal sobre o que se asentarán os viños galegos do futuro.
Durante as últimas décadas, a meirande parte das adegas sufriu unha profunda renovación tecnolóxica traducida en modernas instalacións de elaboración e dirixidas por técnicos de probada solvencia. Do mesmo xeito, a viticultura tamén avanzou con novas técnicas de cultivo no tocante á plantación, a labra, a condución, as técnicas de poda, a fertilización e os tratamentos fitosanitarios.
No futuro máis achegado as adegas deben coidar e apostar pola singularidade dos seus viños e unha das vías é a introdución de novos procesos de elaboración, sempre respectuosos coa tipicidade, cuxa finalidade sexa diversificar a gama de produtos e alongar as súas prestacións sensoriais máis aló do embotellado.
Por iso as adegas deberán responder ás tendencias previsibles no futuro e adaptarse ás esixencias do consumidor. Unha adaptación que pasa por pescudar no uso de novos materiais para a crianza de viños como distintos tipos de madeira, os recipientes de barro, os depósitos de formigón de distintas formas e elaboracións.
Os obxectivos que se perseguen son:
  • -Coñecer os novos procesos e métodos de elaboración de viños que forman parte das novas tendencias que algunhas adegas galegas están a implementar.
  • -Amosar os novos estilos de elaborar viños: con distintos tipos de depósitos dando moita importancia á barrica de carballo así como outros tipos de materiais innovadores (barro, formigón, granito)
  • -Coñecer os diferentes envases utilizados polas adegas innovadoras e as distintas condicións de avellentado e garda.
  • -Ter un coñecemento actualizado das tendencias de elaboración de viño en Galicia.

PROGRAMA:
09:30 – 09:30 Entrega de documentación. Presentación da xornada.
09:30 – 10:15 O osíxeno na enoloxía: xestión e aplicacións.
10:15 – 11:00 Os viños avellentados no mar. A experiencia da adega submarina Crusoe Treasure.
11:00 – 11:15 Quenda de preguntas.
11:15 – 11:45 Pausa-café.
11:45 – 13:15 Novas tendencias de elaboración. As experiencias galegas.
  • A elaboración en depósitos ovoides de formigón.
  • A elaboración en depósitos de granito.
  • A elaboración en cerámica.
  • A elaboración en ánforas de barro.
13:15 – 13:30 Quenda de preguntas.
13:30 – 14:00 Cata de viños elaborados e conservados en distintos materiais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.