Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2018

A CONFRARÍA DE CAMBADOS ENTRE OUTRAS PIDEN O CESAMENTO DUN CARGO DA XUNTA



Alberto Lavandeira, á esquerda, nunha sondaxe para reactivar a mina de Touro

Máis de 30 colectivos acusan á Xunta de “obstaculizar o acceso á información pública” sobre o polémico proxecto de reabrir a mina de Touro. En concreto, acusan o goberno de ocultar os datos sobre o estado dos dereitos mineiros, que son a base legal pola que Atalaya Minning -a través de Cobre San Rafael- pretende activar a explotación.
Os denunciantes din que solicitaron no seu momento á Xefatura territorial da Coruña da Consellería de Industria o acceso á documentación relativa aos dereitos mineiros de Touro, se éxito. Ante a “vulneración flagrante dos seus dereitos”, piden o cese do xefe territorial do departamento de Minas na Coruña, Isidoro Martínez Arca.


COLECTIVOS DENUNCIANTES

Entre os colectivos denunciantes están a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, a Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, a de Rianxo, a do Grove, a da Pobra do Caramiñal, Cambados, Vilanova de Arousa , Cabo de Cruz e confrarías de produtores de mexillón como a de Cambados e o Consello Regulador de Galicia, Adega, Petón do Lobo e a FRUGA. Os opositores á mina lembran que na documentación pública ”non figuraba ningunha relativa á vixencia e acreditación do estado do citado dereito mineiro”. 

Aseguran que a Xunta “supedita o acceso á información das persoas lexitimadas durante un prazo limitado a 15 días e de forma presencial, baixo a supervisión de de os funcionarios e condiciona o acceso ao visto e bó do titular dos dereitos mineiros, isto é Atalaya Mining e Explotacións Galegas” cando a lei establece que estes datos deben ser públicos na internet.

Fonte: Galiciapress

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.