Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de mayo de 2018

VIVIR EN CAMBADOS (I)

       


“Hai apenas uns meses decidín mudar a miña vida profesional e entrar na política de forma activa. Considerei que era o momento de devolverlle a Cambados o que me deu e tentar mudar certas cousas que non me gustaban da nosa política local, entre elas a falla de transparencia. Entrei, como tantos, a formar parte da “nova política”. Un camiño con data de retorno e sen intención de perpetuarse. Cando unha persona se expón á vida pública, asume unha serie de consecuencias e entende que, como todo na vida, sempre haberá xente que non lle guste o que fas. A crítica constructiva é moi saludable. Agora ben, a democratización e a globalización da información teñen perigos como a falla de rigor ao contrastar unha noticia, así como a proliferación de supostos medios dixitais que están pouco a pouco creando un clima de crispación que non leva a ningures. E todo isto faime reflexionar respecto dunha falla de madurez e empatía coma sociedade,  xa que se lle da credibidade e se difunde información sen verificala, poden chegar a converter a un en cooperante dun delito…  Canta cobardía tanto nos que acosan e insultan parapetados tras un “Nick”, como nos que usan este tipo de ataques para facer dano e calumniarA min,
sinceiramente, amosoume unha parte da sociedade Cambadesa que me asusta e que da que non me sento nada orgulloso como parte desta vila”. 
Xurxo Charlín Trigo, Concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Cambados (Diario de Arousa, 28 de Nadal de 2.015) 

Parafraseando a Xurxo Charlín no mesmo artigo, dado que a Administración Local é a administración máis próxima ó cidadán,  o Goberno de Cambados ven de presentar (e aprobar) os Orzamentos de 2.018, nun Pleno Extraordinario  que foi retransmitido en directo a traveso dunha canle de Internet Municipal. O documento do Presuposto xa está dispoñible na rede para que os veciños de Cambados teñan ó seu dispor toda a documentación no dominio www.transparenciacambados.gal. Todas estas medidas teñen a súa cerna na demanda de transparencia por parte de moitos veciños e veciñas de Cambados, que a pesares de chocar coa opacidade e reprobación do anterior alcalde do Partido Popular (que non estaba de acordo en que se fixeran públicos os debates e os temas que se trataban no Pleno), lograron poder gravalos e emitilos grazas a súa insistencia, tesón e traballo. Agora o novo goberno municipal colleu con forza ese relevo.

Irreprochable Xurxo, ainda que a miña visión é algo distinta, e nin mentar a de D. Luis Aragunde que lembroulle  este 10 de Maio que facelo  (o da transparencia) é agora unha obriga legal. Foi como adiantei o Pleno máis potente do ano, e servíu para que moitos de nós foramos conscientes (os verbos compostos en Galego amigo Xan Galbán sí se permiten, o que non serven son os que comezan polo verbo haber), que non é ouro todo o que reluce. Unha batalla campal, e todo encol ao Presuposto Municipal que servíu de espita para que o Voceiro do Partido Popular declarara aberta a precampaña eleitoral. Non cortará D. Luis  a cinta no Paseo da Calzada polo Albariño, pero o bacallau sabe ben como se fai. Como adiantei nunha xogada de trileiro e unha vez sabía que era debate perdido o enfrontarse a Xurxo Charlín co tema dos números (non é o forte de Aragunde, deso se encargaba con maior ou menor acerto  J.J Durán), foi polo tanto direitamente a pola Alcaldesa Dona Fátima Abal e a polo Primeiro Tenente de Alcalde Víctor Caamaño, e  lembroulles aos dous, porque CP e SC non teñen pasado segundo él,  que unha cousa é gobernar e outra moi distinta estar na Oposición …

Non vou a entrar, so cabo de que me chamen de novo a atención por me extender en demasía, no terreo das cifras, asemade  é un tanto estrano que un Goberno adique un 41 % a Gastos de Personal e un 45 % en Bens Correntes. En calquera sitio (en Pontevedra sen ir máis lonxe), o seu Alcalde dixo que o capítulo nº 1 son os Gastos de Personal, e que para que funcione un Concello coma é debido é preciso ter xente suficiente que traballe e que coma tal teña a súa contraprestación económica a finais de mes. Aquí polo que parece nos toman a todos por idiotas porque a estas alturas aínda están co “mantra” de que non se pode contratar cando é FALSO. Esto o dixo a Xefa de Personal do Concello e Luis Aragunde lle deu toda a razón, non en vano ten a toda a súa tropa aí dentro (os mesmos que filtran documentos e maís amplo ao exterior, presuntamente) e non quere que os “solapen”. Sí se pode Fátima facer unha Bolsa de Traballo para personal Interino, e dese xeito poñer en mans de profesionais o xa de por sí calamitoso cadro de enchufados que  aínda están alí desde que chegaron éstes. 

Segundo Víctor Caamaño en tres anos non se pode ir máis a presa, porén resta un ano para os Comicios e as Sondaxes xa dan coma gañador nas próximas eleicións ao Partido Popular de Cambados. Esto é coma o conto ese de que se en Xuño non aprobas vas a Setembro, pero quen te dí que vaias estar alí, Víctor. Aínda por riba a Directora de Museos Rocío Acha sublevouse porque disque a baixaron de categoría e meteu para os que non o saiban ao Goberno Local no Xulgado. Segundo a Alcaldesa xa non se precisa unha Directora de Museos,
porque esa figura non existe coma tal. Aragunde saíu a defendela, así coma a Auxiliar de todos coñecida que xa non está ao carón do Secretario/Secretaria e podía (falo en pretérito) redactalas  Xuntas de Goberno Local e os Plenos  para que lles dera o visto bó o Secretario e de tal xeito ter a oposición a súa disposición a documentación (que compre lembrar lle pertence por imperativo  legal) e que levaban ano e medio sen recibir, e nin mentar segundo dixo Aragunde que hai preguntas por escrito que levan máis dun ano  sen  lles dar cumprida  resposta (tremendo).

Ollala cara de Dona Fátima era un poema, non se esperaba que un Pleno onde se prevía un debate Presupuestario fora a cerna para que Luis lle lembrara a súa xestión de personal, e todo o que dixemos (falo en plural) estando na Oposición ...
Touché, colleunos a pe cambiado e Víctor saíu no Auxilio da Alcaldesa e incluso soltou algún exabrupto, pero xa estaban sinalados os dous. Maxistral Aragunde, a verdade é que non se precisa estudar Física Cuántica nin a Teoría de Cordas,  porén sí soltar unha “pedrada” cando máis doe. Os reproches  fixeron acto no Pleno, e por certo a prensa escrita desto non dixo nin chío, porque non queren problemas. Eu me basto soíño para atopalos, e tanto me ten, a verdade:  escribín cousas que me poden traer iso, problemas, pero xa estou moi vello para me esconder, e moito menos destes  do goberno e da oposición. Alí  montouse unha lea:  Fátima dixo que ese pleito o gañou o Concello, incluso o recurso posterior, e que o cadro de personal, a RPT, é un documento vivo que compre modificar cada ano, incluso que hai menos xente traballando que na época na que Luís era Alcalde. Sin embargo, onte domingo parece que alguén  puxo en coñecemento de Aragunde que houbo nos Museos co galo do Plan Concellos unha persona que foi nas listas dalgún partido do goberno  traballando en situación irregular. Hai outras cousas que dixo no Pleno, coma que o anterior Secretario fixera un informe negativo dalgunha cuestión que non vou mentar, para non axitar aínda máis o avispeiro que é o Concello. Dona Fátima saltou, e conminoulle a que fora ao Xulgado se estaba certo de que eso acontecera. Luís, facendo uso da retranca que o caracteriza, reaccionou rápido e dixo que o soñara (ao igual que Kate Winslet en Titanic leu a Sigmund Freud), e o onírico e a realidade fixeron que se plegara  no Pleno o “espacio”, unha viaxe no tempo onde o pasado, o presente, e o futuro se xuntaron, algo así coma Inception de Cristopher Nolan. Para que precisamos cine en Cambados se xa temos Pleno cada mes, había que poñer un cada fin de semana porque esto é moito. Luis continuou repartindo estopa e coma no Musical El Hombre de la Mancha seguíu cantando: 


O Albariño coma non entrou en escea, e Aragunde voltou presumir de que pedazos de Concertos truxo a Cambados sendo Alcalde. Que vale, que hai cousas que lle gostan das que traen éstes, pero non hai punto de comparación. Incluso víu nunha mostra de “xestión” estando él ao fronte do Concello Julio Iglesias,  e que a páxina Web do Artista recibíu máis de 9.000.000 de visitas, e Cambados estaba entre as grandes capitais do mundo, a pesares de que non lle gosta a música de Julio. Eu cando escoitei tal cousa me removín no asento, peguei un brinco, jo, Luis, vale que a min tamén me gosta  a Ópera coma ti, e o Iglesias  estou dacordo que ten unha voz pequena , pero é dos cantantes que cantan cara dentro, non cara fóra, coma Frank Sinatra, Nat King Cole, Elvis Presley, e tantos outros, pero coma arte que é a música a todos non nos ten que gostar a 5ª Sinfonía de Ludwig Van Beethoven (agás as Overturas, é moi aburrido o Alemán). 
Eu coma público, e consciente de que perante un tempo estiven traballando e poñendo o grito no ceo por esta circunstancia no meu anterior periplo coa actual Alcaldesa baixei a cabeza, porque non podía facer outra cousa. Polo que parece o gabinete de comunicación de Aragunde remexe nas hemerotecas e así  vai ser ata que remate a lexislatura. Eu polo que ledes tamén o farei de agora en diante, home precavido vale por dous. A tonada que segue vai adicada a D. Luis Aragunde …  pode poñela no coche ou onda queira, é algo maxistral. A primeira vez que a escoitei saín “levitando en soños”. Unha obra mestra de Rafael Ferro para Julio Iglesias que a cantou co seu peculiar estilo, a segunda sílaba apenas se escoita pero tanto ten:  as cousas boas non fai falta entendelas. 



Fin da primeira entrega.- 
Un artigo de Óscar Manuel Núñez



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.