Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de mayo de 2018

SOMOS CAMBADOS REALIZARA UNHA SERIE DE ACTOS PARA CELEBRAR O DÍA DA NOSA LINGUA, DAS NOSAS LETRAS




- Vaise emitir ás 12:00h no Salón de actos de Exposalnés o Documental “María Victoria Moreno, galega por amor” para logo o rematar realizar a habitual ofrenda floral no monumento a Ramon Cabanillas do Paseo da Calzada

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua. Esta celebración institúese en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear ás persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da lingua. A data conmemora o día da publicación en Vigo, en 1863, de “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro, marcando o inicio do renacemento cultural do galego.

Ao longo da historia moitas mulleres tiveron que loitar para que a súa calidade literaria fose valorada como merecía. Escritoras invisibilizadas, que publicaron baixo seudónimos masculinos ou que tardaron séculos en obter recoñecemento son exemplos da fenda de xénero que inda pervive, tamén no ámbito das Letras.

SOMOS CAMBADOS colaborará, cara a visibilizar a estas mulleres das letras galegas (entendidas en sentido amplo), levarán a cabo a presentación do Documental producido polo Concello de Pontevedra, “María Victoria Moreno, galega por amor” e desta maneira por en valor a figura de María Victoria Moreno, por ser a homenaxeada deste ano. 

O filme de 40 minutos percorre a vida e a obra da homenaxeada no Día das Letras Galegas e mostra seu vinculo coa cidade de Pontevedra, da man de amizades e figuras da cultura como Fina Casalderrey, Xavier Senín, Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado ou Francisco Castro.

O documental foi obra das empresas Ovo Publicidade, Trisquelia, Era Comunicación e J. Aragunde, catro empresas da rede “Pontevedra ten un puntazo”, co obxectivo de recoller unha imaxe transversal sobre a vida e obra de María Vitoria Moreno, a súa relación coa cidade, as súas amizades, familia, obras e, de xeito especial, coa lingua galega.

Ao rematar o filme farase a habitual ofrenda floral no monumento a Ramón Cabanillas e na que se leran algún dos seus máis coñecidos versos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.