Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de mayo de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS ACLARA O CASO DE UNHA TRABALLADORA DENUNCIADO POR ARAGUNDE




Fátima Abal como alcaldesa de Cambados ven de emitir un comunicado de prensa en relación á denuncia presentada por Luís Aragunde polo que o portavoz da oposición entende como unha irregularidade laboral.
Segundo comunica a alcaldesa, o mércores día 28 de marzo os traballadores e traballadoras seleccionados polo Plan de Conservación da Deputación de Pontevedra, conforme  a unhas bases públicas e transparentes, asinaron os seus contratos de traballo no Salón de Plenos do Concello de Cambados.
Todos os traballadores e traballadoras deste Plan foron dados de alta o primeiro día laboral seguinte, é dicir, o luns 2 de abril, dado que o Xoves e o Venres pertencían á Semana Santa e non eran laborais, ao igual que o sábado, empezando por tanto, a traballar ese luns día 2.
Sen embargo, unha  traballadora, pola súa especial situación laboral ( con horario de fins de semana e festivos), comezou a traballar ese Xoves Santo sen que figurase ese día como de alta debido a unha confusión coa data de sinatura do contrato.
Este erro foi comunicado á Oficina de Emprego e á Seguridade Social para que sexa modificado e se faga constar como inicio da relación laboral ese día, 29 de febreiro.
Non existíu, prosigue o comunicado, en ningún momento nin mala fe, nin acto con ánimo de fraude, xa que esta traballadora estaba con atención ao público e asinaba co seu nome e apelidos a recollida das chaves da instalación municipal na que traballa. Trátase en todo caso dun erro, entendemos que subsanable, ocorrido por confusión coa data da firma do contrato e a data do inicio efectivo da relación laboral.
Confiamos en que todo se solucione canto antes, posto que a traballadora está sufrindo unha situación de acoso inxustificado en redes sociais, chegando incluso a cuestionarse a forma na que foi seleccionada basándose na súa orientación política.
A traballadora foi seleccionada nun proceso aberto e transparente cunhas bases públicas e concretas para este Plan de Conservación. Calquera persoa que teña calquera dúbida ao respecto pode dirixirse á páxina do Concello, á páxina de Transparencia ou ao propio Concello para consultar as bases



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.