![]() |
© Concello de Sanxenxo |
Unha muller foi excarcerada esta mañá en Sanxenxo tras envorcar co seu vehículo na Autovía do Salnés, entre as localidades do Grove e Sanxenxo.
Ata o lugar, desprazáronse de inmediato ademais do persoal sanitario, os membros do GES da localidade, que nada mais chegar ao punto, tras recibir o aviso do 112 Galicia, liberaron á muller. Así mesmo, tamén os Bombeiros de Ribadumia prestaron a súa colaboración nas tarefas de excarceración. Segundo o seu relato, foi preciso retirar unha das portas do turismo para evacuar á ferida. Tamén foi requirida a intervención do persoal de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.
Unha vez liberada, persoal do 061- Urxencias Sanitarias trasladou á muller nunha ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.
O accidente ocorreu pasados uns minutos das 07:30 horas desta mañá. Foi a esa hora cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun coche envorcado na Autovía do Salnés e, a partir de aí, o CIAE puxo en marcha o dispositivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.