A nova idea do Concello Regulador Rías Baixas non sentou moi ben a xente de Cambados a tenos do que se pudo leer nas redes sociais.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe ( CRDO) Rías Baixas aprobou en Pleno hai uns días o peche das casetas da Festa do Albariño de Cambados na Calzada ás 0:30 horas.
Trátase dunha decisión tomada unilateralmente , sen contar co Concello nin coas adegas participantes na festa.
Normalmente as casetas cerran sobre as 5 da mañán polo que o recorte de horario sería demasiado grande.
Onte coñecíamos a postura de Somos Cambados por boca do seu portavoz, Tino Cordal: “Que vai facer a xente que vaia aos concertos en Fefiñáns cando acaben e se atopen as casetas pechadas?”. Tamén a Asociación Adegas do Salnés, a máis votada nas últimas eleccións ao Consello Regulador, aínda que só ten un representante, expresaba a súa sorpresa e discrepan de que pechar ás 0:30 horas sexa en realidade unha mellora: “Tal vez o remedio sexa peor ca enfermidade, dando lugar a novos problemas coas persoas que se atopen coas casetas pechadas a unha hora tan temperán”.
Hoxe son o PP, que teme que se incremente o botellón e Zona Centro, a festa perdería afluencia, os que discrepan da medida.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixgAj28gBgskE3wmPLkOIzBWnhyqjR7KmNDa9mCVGXFQN93G-AVj34qn3ol4JD3KthnJ3dHSyXqR6YKPes0JtEigJoEWK_edoEZRQd4RsM18V09roPOo4BSRrwVPSMeft0LoXK0pEhtz4/s320/Screenshot_70.png)
O goberno municipal non se pronunciou a espera dunha reunión co Consello.
Rías Baixas xustifica a redución do horario no desexo dalgunhas adegas de acoutar o gran fluxo de xente que está a recibir a festa duns anos a esta parte, así como de poñer freo ao "botellón" xuvenil na rúa.
Trátase de poñer portas ao campo? Desde logo o botellón non se vai frear con esta medida, é máis pode que aumentara pois a xente quedaríase en Cambados tras os concertos e no canto de ser 1000 persoas a facer botellón serían 5000.
Evitar o botellón polo menos na zona máis próxima á festa pasaría por ocupar a zona do Parque das palmeras con algunhas casetas e servizos, liberando espacio no Paseo da Calzada. Ocupar parte do Paseo Marítimo con casetas non sería bo pois impedirían ver os "fuegos artificiais" da noite do domingo.
Esta é a enésima medida do Consello Regulador en contra dos intereses xeráis de Cambados e os cambadeses. Primeiro levaron a sede a Pontevedra, logo néganse a mudar o lugar donde invisten aos Cabaleiros e Damas (nomeados segundo criterios partidistas) para que se fixera nun lugar con máis capacidade.
Todo debe pasar por un diálogo que ao parecer todos queren agás o propio Consello Regulador e o seu presidente á cabeza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.