O domingo día 11 de marzo.- GALA DAS MULLERES, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña ás 18:00 h.
O Concello de Cambados homenaxeará a vinte viticultoras, de idades ben diferentes. O recinto estará decorado con camelias.
Luns 12 de marzo. – "Mulleres en acción. Violencia Zero" 2017-2018 é un acto que ven da man da Deputación de Pontevedra de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, unir forzas para loitar contra esta praga presente na sociedade. Esta edición recolle 25 accións de arte contemporánea qe se levarán a cabo ata novembro de 2018 en 25 concellos da provincia.
Información Hora: 12:00 h
Lugar: Praza do Concello. En caso de chuvia, será no Salón Peña
Acción: a cargo de Elisa Miravelles
- 19:00 horas CHARLA SOBRE AXUDA ÁS MULLERES EMPRENDEDORAS no edificio Exposalnés, onde se informará ás novas emprendedoras e as que xa son emprendedoras das axudas a autónomas, tarifa plana etc..
O mércores dia 14 de marzo. – XORNADA DE MINDFULNESS “Mulleres rompendo barreiras”, no edificio de Exposalnés ás 18:00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.