Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2018

EL NOMBRE DE LA ROSA, UN RESUMO DO PLENO (PRIMEIRA PARTE)








“Habiendo llegado al final de mi vida de pobre pecador, con el pelo ya canoso, me dispongo a dejar constancia sobre este pergamino de los hechos asombrosos y terribles que me fue dado presenciar en mi juventud hacia finales del Año del Señor de 1327. Que Dios me conceda sabiduría y gracia para ser fiel narrador de los sucesos que tuvieron lugar en una remota Abadía en el recóndito norte de Italia, una Abadía, cuyo nombre, parece ahora más piadoso y prudente, omitir” (Humberto Eco)


Parafraseando o inicio da novela e do filme de Jean Jacques Annaud ogallá a miña man non trema agora que me dispoño a narralo pasado Pleno da Corporación do Concello de Cambados e revivir a sensación de desasosiego que oprimía o meu corazón namentras penetraba aqueles muros. Penso que o 1 de Marzo de 2018 vai quedar grabado na nosa mente perante moito, moito tempo, unha vez escenificouse un auténtico combate dialéctico entre goberno e oposición amén do primeiro punto que para min foi o único que pagou a pena, o resto foi unha feira a imaxe e semellanza dos Plenos do Concello de Vilanova.

A Alcaldesa Fátima Abal deu comezo ao mesmo dando entrada á Moción de Somos Cambados, consonte ao Regulamento de Participación Cidadá e coa venia do Concelleiro de Servizos Sociais Tino Cordal que dito seña de paso comeza xunto a Víctor Caamaño a seren dos poucos que poñen un pouco de cordura (falamos de Portavoces Municipais) ao que ven sendo xa unha deriva absoluta no terreo das ideas, e nin mentar da educación e do respeto entre Concelleiros. Cedeu a palabra a Alcaldesa a Sara, a representante de SQM-Galicia, a Asociación de afectadas pola sensibilidade química múltiple de Galicia.
Preme aquí para ver o vídeo

Tino Cordal a continuación dixo que o día 28 de febrero se celebraba o día mundial das enfermidades raras, e que esta Moción estaba inspirada por Merchi Álvarez, que por problemas relacionadas coa súa enfermidade (a climatoloxía, o mal tempo e o frío empeoran ainda máis o seu estado de saúde) non puido estar presente coma era a súa intención e seguíu a traveso da páxina Web do Concello o devalar do mesmo, aínda que neste punto houbo voces que dicían que non chegaba o son en condicións a traveso do streaming pero en todo caso que saiba que lle adicamos un forte aplauso a ela coma a todas estas mulleres que levan a carga dunha doenza, e que se están a movilizar coma no seu día fixo Merchi coa AME.


Puxo énfase Tino no estipulado no R.D 1148 / 2011, e que o grupo de En Marea no Parlamento de Galiza solicitou o 25 de Xaneiro de 2018 ao Ministerio de Sanidade que tomara cartas no asunto, e falou “que a burocracia non pode imposibilitar que se dea cumprida resposta as demandas deste colectivo”. En definitiva o Concello de Cambados insta ao Goberno de España a que o Ministerio de Sanidade inclúa no listado a estas personas afectadas polo SQD de xeito que podan recibir a asistencia que precisen, incluíndo o recoñecimento dun subsidio a cárrego do INSS. Que non seña preciso un ingreso hospitalario coma polo parecer é preciso para ter dereito a esta prestación. Consonte os Servizos Sociais son unha competencia da Xunta segundo reza o Estatuto de Autonomía de Galicia, que seña esta última a que lle dea traslado da petición. Con solución de continuidade José Ramón Abal coma representante de CP refrendou as palabras do Concelleiro de Servizos Sociais e Tenente de Alcalde ao igual que o resto dos grupos que conforman o goberno . Foi o intre onda entrou en escea Luis Aragunde, voceiro do PP de Cambados antes de que os nervos fixeran preso del ou de sacar toda a metralla que levaba (é bravo o noso Deputado Provincial) para dicir con bó criterio “que os países avanzados deben amosar unha sensibilidade especial con esta cuestión” (polo tanto pensa que España é un país avanzado), e “que as empresas farmaceúticas queren comercializar os productos de maior demanda, que miden os costes, a productividade, e non lles interesa polo tanto comercializar os remedios para estas enfermidades minoritarias, de tal xeito que debe ser a Administración a que supla esta inactividade”.



Preme aquí para ler o artigo

A renglón pasado dixo “temos a millor Sanidade do mundo”, “Merchi nos puxo a todos en órbita”, e que “fai pouco perdemos a unha empregada do Concello que nola roubaron”. Comprometeuse en persona a falar coa Xunta de Galicia, e recalcou por certo que a primeira Comunidade Autónoma que creou o acceso a medicación para os meniños e meniñas afectadas pola AME foi Galiza, absolutamente certo, Sr. Deputado Provincial. A estas alturas do Pleno era o Luis que coñeciamos todos, dominando o escenario, falando con bó criterio en temas que caen de caixón, incluso conmovendo coas súas palabras porén para moitos de nós Aragunde é un home tierno e salvaxe á vez na súa actividade política, ollo, que eu en persona non o tratei nunca nin penso que él queira tratar comigo. Coma ao resto do Goberno Local, lle doe cando o critican pero ten que entender D. Luis que é vostede un cargo público, e así coma o seu traballo é fiscalizar e controlar o traballo e as tarefas do goberno actual, a nosa é desde o respeto e a educación “fiscalizar” e controlar as palabras que reflicte, sen ademán de mancalo na súa integridade física e moral. A C.E. aínda que poña unha enchenta de cousas que non se cumpren (sobre todo desde que o PP está no goberno) sí hai uns dereitos que son obxecto de especial protección, coma son o dereito ao Honor, a intimidade personal e familiar, e á propia imaxe, e iso lle pertence por enteiro coma a calquera, asemade un cargo público leva estas cousas, van implícitas no seu soldo (a crítica constructiva, non a de destruir por destruir). Eu endexamáis por certo mentei a súa familia e o insultei, coma lin a un anónimo ao que pronto coñecerei en Sede Xudicial, e se nalgún intre se sinte agraviado faga o mesmo camiño que fixen eu con ese señor: é así de doado, vaia para aló porén coa leición aprendida, llo digo porén o Código Civil cando un obra con mala fe pode saír co rabo entre as pernas. A Xustiza son “feitos”, e coma tal teñen que levar unha carga de proba contundente, non estamos para facer perdelo tempo a Administración de Xustiza con paxaradas. Os papeis calan bocas.

En fin, tódolos grupos votaron a favor da Moción e entramos na lea, o punto do Recoñecimento Extraxudicial de Crédito por valor de 500.000 euros que foi a espita que dinamitou o Pleno; os ecos a día de hoxe non amornan, medran exponencialmente cada día que pasa.

PARTE DISPOSITIVA

Comeza o espectáculo: o GOBERNO presenta un Recoñecimento Extraxudicial de Crédito por valor de 517.244,25 euros consonte ao estipulado no Regulamento 500/1990 e ao Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, destinado a pagalas facturas pendentes de pago. Referiu que era esencial a súa aprobación por mor do gasto en obras e reparacións en parroquias, viais, colexios e alumeados por unha suma de máis de 100.000 euros, a telefonía e suministro eléctrico outros 100.000, e gastos en actividades culturais e festexos por valor de máis de 200.000 por mor do nomeamento de Cambados coma Cidade Europea do Viño (a Xunta de Galicia e o Goberno Central aportaron para este último acontecimento 0 euros …)

Lembrou Xurxo que a anterior débeda rebaixouse de 2.400.000 a 1.300.000 millóns e que contaban cun superávit. Unha vez máis reprochou a Aragunde que empregara coma Alcalde o “mantra” de que eramos un “Concello Perita”, que tiña Luis moita imaxinación e que non lle dea ao actual goberno leicións de economía, que por mor das facturas sen pagar que deixou o seu anterior grupo de goberno entramos nun Plan de Axuste Presupuestario. Seguíu a lle dar candela a Luis decindo que “vostede empregou 750.000 euros para tratar de gañar unhas eleicións en catro meses”, e “que o goberno actual está en disposición de aboar tódalas facturas pendentes en seis meses”, o que él non foi quen de facer en catro anos. Luis nese intre xa comezaba a se mover no seu escano, ía lendo paseniñamente as respostas que xa levaba preparadas porque unha vez máis o goberno tivo a xentileza de llas amosar na Prensa, algo que un servidor non acada a comprender, pero “Misterios tiene la Iglesia”. Voltou de novo a carga Charlín e dixo que o Xantar do Albariño de 2014 pagouse en maio de 2016, e que o obxectivo entre outros fundamental deste actual goberno é axudar as pequenas e medianas empresas.
Luis Aragunde recolleu a luva e leu o reparo que a Interventora Municipal consonte a que estes gastos correspondentes a 2017 non contaban co crédito axeitado, non seguían o trámite legal, e que “urxe cesar con esta práctica en virtude dos pronunciamentos recentes do Tribunal de Contas”. Quen o víu e quen o ve D. Luis, porén por suposto que foi hábil incidindo neste punto cando o goberno local comprometeuse no inicio da lexislatura a rematar con esta práctica. “Estivestes un ano chorando por mor disto e en tres anos fixéstedes o mesmo” .”O da contención do gasto da que presumías, Charlín, non é tal, e incluso pedístedes segundo aos empresarios presentaran facturas do 2017 a abonar polo Concello en 2018 para deste xeito facela túa arquitectura contable”. “Se nos solicitamos 2.400.000 euros en préstamos foi para facer inversións, e hai que lle pagar o que se lle debe ao banco, de tal xeito que por iso a débeda baixou, as letras hai que pagalas. Onde está a xestión económica deste goberno, que mo diga alguén”. Acusou a Charlín de MENTIR, cando o grupo popular levou coma Moción que se precisaban facer obras nos Colexios fai meses e dixestes que non eran necesarias- E aquí comezou o combate:

VELADA DE BOXEO ARAGUNDE / ABAL

Luis Aragunde golpea primeiro, unha “dereita” impactou na faciana de José Ramón Abal: “10.500 euros vos gastastes nunha cena e invitouse a xente de balde. Hai Concelleiros que adícanse a facer publicidade do seu viño. Con motivo do Encontro de Cofradías Enogastronómicas hospedouse xente en Vilagarcía e Ribadumia cando había Hoteis en
Cambados con disponibilidade. Aquí algún ven a facer os seus negocios … un despilfarro de cartos públicos … Este segundo golpe foi no estómago, polo tanto …
Sodes uns negociantes, co partido Popular no Goberno endexamáis pagouse unha pernoctación de duas noites a naide, e sabes que o Hotel Carril é un negocio familiar dos moitos que ten a túa familia, José Ramón (neste intre ollala cara de Abal era todo un poema). Pero xa que estaba nun estremo do ring batendo con él, debeu pensar que a éste xa o teño mallado (en sentido dialéctico), que me boten o resto: “O resto dos Concelleiros polo tanto sodes cómplices porque estades a gobernar con el”. 

Luis seguíu soltou un gancho de esquerda e bramou coma un toro: “Eu cobro os cartos da Deputación que a lei me proporciona en función da dotación económica que percibe cada grupo parlamentario na Deputación” (está canso de que lle chamen “vago político” por cobrar 60.000 euros que sufragamos tódolos veciños, e que llo estén lembrando un día sí e outro tamén polo que parece). E aquí xa se montou a de San Quintín, bronca monumental. José Ramón zafouse do contrincante e saíu da esquina onde se atopaba (alí está con Charlín, por certo, o último da esquerda no Pleno) e fixo unha defensa decindo que ti estás a empregar un XOGO SUCIO, e Aragunde soltou que este goberno é un CACHONDEO.
Saltou ao ring outro boxeador máis, Charlín, que con todo o agarimo é un peso pesado coma Luis, e bateu nel: “Nós, Luis, tivemos tres interventores nun ano, e non tivemos a un Secretario que estivera todo o ano” …. Don Francisco, o Secretario, alzou a ollada mirando para él … como que non, onde vai Alberto Fuentes Losada, Charlín “…. “750.000 euros vos gastastes en tentar gañar as eleicións por aplastamento, e estando tí coma Alcalde pagouse en PUBLICIDADE coma ti ñe chamas 3.000 euros para “alabanza y gloria de tu nombre” a cargo do erario municipal e que foron cartos dos veciños que caeron no peto da Prensa (menudo ostiazo, con perdón). “Nós, para que o saibas, pedimos este recoñecimento extraxudicial de crédito para mercar un servidor novo por valor de 6.000 euros, pagamos un arquitecto que custou 30.0000, e máis amplo, aí tes todo por escrito”: 

José Ramón Abal, preso do paroxismo, colleu a Luis e comezou a bater nel, a grito limpo: “A Directora Galega da Axencia Galega de Turismo nunca nos recibíu. Sodes uns PARTIDISTAS, E FIXÉSTELO TÍ PARA QUE NON AXUDARAN A CAMBADOS. A Cidade Europea do Viño vai entrelazada coa economía, e os Hosteleiros e Comerciantes, e cito as súas palabras, quedaron moi satisfeitos coa celebración porén repercutiu para BEN nos seus negocios”. “ O MENTALA MIÑA FAMILIA É O MÁIS BAIXO NO QUE SE PODE CAIR”, de tódolos xeitos os veciños de Cambados xa sabemos que tí o único que fas e andar de paseo por Pontevedra, e que da man de Cores Tourís lle fixestes un BOICOTEO E UNHA CHANTAXE en toda regra a Cambados. Que vai a selo próximo, poñer tódalas trabas habidas e por haber para que non lle concedan a Declaración da Festa do Albariño con Carácter Internacional?
Eu, sentado ao carón do público seguía o combate, vamos, sí por min fora saltaba ao ring, pero a Alcaldesa non mo iba a permitir, e polo rictus da súa cara parecía estar a pasalo ben, é
pequeniña (en estatura) pero coma boxeadora coidado con ela …Luis seguíu repartindo golpes de esquerda e dereita: 160 comedebaldes, 50 habitacións contratadas, en algún Hotel propiedade da túa familia, José Ramón, a facer negocio. Cun movimiento de “centro” díxolle Abal “Luis ti es un JETAS, estás a practicar un XOGO SUCIO”. Saltou a Alcaldesa ao Ring e coa retranca que a caracteriza deslizou: “Toma boa nota José Ramón de quen é o PARTIDO POPULAR DE CAMBADOS, fai pouco te querían con eles para presentaren unha moción de censura e visto que non quixestes? aí tes o resultado, para que te fagas unha idea”. Xa estaban cáseque todos na lea agás Cordal, que dito seña de paso comportouse coma un cabaleiro cando con ironía Aragunde lembroulle o seu famoso artigo en Diario de Arousa “Menos Samba e Máis Traballar”, e estou dacordo con Tino, porque ás veces o millor golpe é o que non se da, se contivo, e teño que recoñecer que non era doado cando todo quisque se estaba tirando de todo a cabeza. Un combate memorable, e que en días sucesivos a prensa relatou pero non con esta cantidade de detalles, unha imaxe vale máis que mil palabras, e os compañeiros da Prensa non estaban alí, así pouco se pode narrar agás o que escoitas por Internet, pero o boxeo hai que ollalo na televisión, na radio, ou aínda millor en segunda fila, senon onda está a emoción.



FIN DA PRIMEIRA PARTE, A SEGUNDA PARTE DO COMBATE DE BOXEO CANDO ME DIGADES … 

Un artigo de Óscar Manuel Núñez





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.