A rápida intervención dos efectivos de Emerxencias, Bombeiros, 061, Policía Local, Protección Civil de Cambados e Garda Civil evitaron esta mañán unha traxedia en Cambados.
O Consorcio Provincial Contra incendios mobilizou a dous vehículos dos parques de Ribadumia e Vilagarcía ante o aviso do incendio nun edificio de cinco plantas en Cambados.

Os residentes no edificio recibiron a alta médica tras resultar intoxicados por inhalación de fume agás, os ocupantes do piso que ardeu que permanecen ingresados en observación. Pola súa banda, tanto a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, como o concelleiro Xurxo Charlín visitaron aos doce feridos e agora están en contacto coa Administración de Fincas "por se os veciños afectados necesitan algún tipo de axuda para pernoitar". Ademais, sinalou que "os técnicos están a estudar os danos materiais para ver se non afectan á estrutura do edificio"

Os dous equipos do Consorcio Provincial que se desprazaron con sendas bombas urbanas, de máis de tres mil litros de auga cada unha, desenvolveron un intenso traballo pola alta carga térmica da vivenda que obrigou a empregar gran cantidade de auga. O incendio afectou a esta vivenda e o resto de edificio rexistrou danos menores. Os bombeiros de Vilagarcía retiráronse pasadas as nove da mañá unha vez extinguido o incendio e no lugar permaneceu ate as doce da mañá a brigada de Ribadumia para desescombro e refresco da vivenda afectada.
Lembrade que este tipo de acumuladores ou outros sistemas de calefacción das nosas casas deben estar apartados de roupa ou mobles que poidan ocasionar accidentes coma este ou máis graves e que costen vidas humanas.
Que facer en caso de incendio?

- Se a estancia está chea de fume, agóchate e avanza a ras do chan ata a saída máis próxima, xa que a temperatura é máis baixa e o aire máis limpo
- Se prende lume na roupa dunha persoa, faina rodar polo chan.
- Se te atopas no interior dun lugar público, alerta e procede á evacuación polas saídas de emerxencias. Non uses o ascensor.
- Se o que prendeu foi un líquido inflamable, aplica panos húmidos.
- Se o lume está no interior dun recipiente, tápao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.