Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2018

REPRESENTACIÓN DA ÓPERA RITA NO AUDITORIO DE A XUVENTUDE










Mañán mércores 7 de marzo, ás 20:30h o Auditorio Municipal da Xuventude acollerá a representación da ópera Rita, de Donizetti, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
Esta ópera cómica, nun acto, so terá 4 funcións en Galicia: Santiago de Compostela (2), Noia e Cambados. A entrada é libre ata completar aforo.
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela estrea a vindeira semana a ópera ‘Rita’, a primeira ópera escenificada completa producida polo centro e na que o elenco o forma o alumnado dirixido polo seu profesorado. 
Con Alejandro Valcárcel na dirección musical, a orquesta compóñena os violinistas Roberto Santamarina, Gonzalo Muiño, Ângela Neto e Aldara Palmeiro; as violas Adela Beiro e Iria Levoso; os violonchelistas Xesus Seoane e Xulio Lemos; Laura Cernadas e Jésica Paz no contrabaixo; a frautista Noelia Ramos, os óboes Cecilia Castro e Gonzalo Arévalo; o clarinetista José Carlos Díaz; Darío Neira na trompa e Belén Carril no fagot. Alba Díaz é a pianista e repertorista.

O elenco está formado pola soprano Anna Melikhova no papel de Rita, o tenor Christian Losada no de Beppe (actual parella de Rita) e o barítono Pablo Nieves como Gaspar, primeiro marido.

A ópera orixinal é unha comedia doméstica formada por oito números musicais enlazados con diálogo falado. Rematouse no 1841 baixo o título Deux hommes et une femme (Dous homes e unha muller), describindo as relacións de parella no século XIX, pero Donizetti, o seu autor, nunca a viu representada. A nova proposta escénica, dinámica e divertida, dálle un novo sentido á obra de mans da directora de escena, Luz Alonso, que lle imprime un carácter educativo que ensina valores como o respecto e o agarimo.

Gaetano Donizetti Donizetti é considerado un dos pais da ópera romántica. Sendo mozo estudou arquitectura e leis, pero pronto as abandonou pola música, o debuxo e a poesía. Para abordar estas disciplinas inscribiuse na escola de música da súa cidade, Bérgamo. Alí coñeceu as partituras de Rossini, que o influíron. Logo foi a Bolonia, onde estudou baixo a tutela do pai Mattei. Ingresou no exército austríaco, pero seguiu compoñendo. Con Zoraide de Granada obtivo un gran éxito e foi nomeado como "rei da ópera", conseguindo que o dispensasen do servizo militar. Pasou os seus últimos anos recluído nun sanatorio mental.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.