- Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos.
- Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir desta madrugada.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta madrugada espérase temporal costeiro por vento do oeste ao suroeste rolando a noroeste de forza 8, e mar combinada con ondas que poden acadar pos 7-8 metros.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.