Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de febrero de 2018

ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA A INTEGRACIÓN DE MOZ@S DA PROVINCIA PONTEVEDRA











A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no programa "Depointegra Xoven", co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O programa está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e emprego de calidade.
Obxectivos
Integrar de maneira sostible no mercado de traballo as persoas mozas desempregadas que non participan nos sistemas de formación ou educaciónRealizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidadeOfrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provinciaFavorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes)
Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 30 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.
Que ofrecemos
Axuda económica mensual de 200 euros para as persoas participantesFormación para a obtención de certificados de profesionalidade27 itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais (pdf)Formación transversal e complementaria en idiomas, TIC e ofimática, inserción laboral, emprendemento e igualdadeOrientación laboral e titorías individuais e grupais
Cando
Os itinerarios vanse levar a cabo durante o ano 2018.
Onde
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Deza
  • O Morrazo
  • O Baixo Miño
  • O Salnés
  • Caldas
Máis información
Correo-e: depointegra@depo.es
Teléfono: 986 804 100, extensións 40708 , 40851, 50865 e 40868


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.