Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de enero de 2018

A PLANTA DE EVISCERACIÓN DA VIEIRA DA CONFRARÍA, LISTA











A Consellería do Mar inviste preto de 1,3 millóns de euros na nave de descarga e eviscerado de moluscos de Cambados

Rosa Quintana visitou esta mañá estas instalacións e destacou que grazas esta inversión da Xunta, é a primeira vez que a confraría de Cambados se encarga de depurar e eviscerar o seu marisco.

Explicou que constitúe un exemplo de eficiencia na comercialización da vieira, xerando maior valor engadido e incrementando os beneficios directos para a propia confraría.                                                                                                                                                                           
A Consellería do Mar investiu preto de 1,3 millóns de euros na nave de descarga e eviscerado de moluscos da confraría de Cambados. Así o trasladou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante unha visita ás instalacións cambadesas, onde estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

Alí, a conselleira lembrou que o seu departamento colaborou coa propia obra a través dunha inversión directa e a través de investimentos subvencionados para a mellora dos equipamentos portuarios. A conselleira recordou ademais que a confraría recibiu unha axuda por importe de 172.000 euros a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Arousa, para a posta en marcha do proxecto de depuración e evisceración de vieira. A maiores, sinalou que grazas a esta inversión da Xunta, é a primeira vez que a confraría de Cambados se encarga de depurar e eviscerar o seu marisco.

Nesta liña, Rosa Quintana destacou que precisamente esta instalación é un exemplo de creación e consolidación de emprego na zona en épocas de campaña. Ademais, dixo, constitúe un modelo de eficiencia na comercialización de vieira, xerando un maior valor engadido e incrementando os beneficios directos para a propia confraría. Con isto, explicou a conselleira, mellórase a seguridade alimentaria e o control de todos o procesos, garantindo ao tempo a calidade do produto en todas as fases.

A obra
As obras executadas consistiron na construción dunha nave de 1.460 metros cadrados que contan cunha zona de poxa, cunha sala de comisos e mostraxes, cámaras frigoríficas, almacéns, vestiarios despachos e un depósito de lixo. Nela atópase a planta de eviscerado de vieira que conta cunha zona para recepción e depuración do produto, outra para o procesado e eviscerado e outra para cámaras, envasado e expedición.   





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.