Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de diciembre de 2017

XA HAI DATAS PARA A XORNADA APRAZADA DO FÚTBOL GALEGO














O Comité de Competición e Disciplina designa datas para a xornada aprazada
O 23 de decembro para as categorías base, o 31 para Preferente e o 11 de febreiro para 1ª Galicia son as datas fixadas si non se poñen dacordo os clubs


Aínda que realmente o "Boxing Day" se celebra en Inglaterra o 26 de decembro, día no que sempre hai xornada na Premier League e que fai referencia a unha celebración tradicional británica que foi trasladada ó fútbol, podemos calificar tamén con ese termo a xornada que acaba de quedar fixada polo Comité de Competición e Disciplina da RFGF para a categoría de Preferente, que acordou determinar o 31 de decembro, ás 12:00 horas, como data para a celebración da xornada que foi aprazada a fin de semana pasada debido ás adversidades meteorolóxicas.
O Comité de Competición decide dar un prazo en todas as categorías para que os clubs se poñan dacordo na celebración dos seus partidos, pero tamén fixa unha data de oficio por si ese acordo entre as dúas partes non se produce.



No caso de que as Delegacións da RFGF determinen outras datas nas competicións dependentes das mesmas terán validez as datas sinaladas por elas.

Polo tanto, teremos un Nadal moi futbolero coa celebración de todos os partidos aprazados nas categorías de Preferente e fútbol base.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.