Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de diciembre de 2017

ILESA DE MILAGRE UNHA CAMBADESA TRAS CHOCAR O SEU COCHE CONTRA UNHA CASA EN PONTE CALDELAS E DERRUBAR A SÚA FACHADA












O muro dun alpendre derrubouse esta mañá sobre un vehículo no que viaxaban dúas persoas.
Sucedeu sobre ás 9:30 horas desta mañá na rotonda do Polígono da Reigosa, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.
Segundo relataron as persoas que contactaron co 112 Galicia para pedir axuda, o vehículo deu varias voltas sobre a estrada ata quedar encaixado contra o muro dun vello alpendre. Como consecuencia do golpe, o muro viuse abaixo cando as persoas aínda estaban no interior.
Así, nos primeiros instantes, temeuse que unha das duas ocupantes (unha veciña de Cambados) precisase aos medios de rescate para abandonar o vehículo, pero, finalmente, ambas lograron saír sen a necesidade da intervención dos bombeiros.
Aínda que presentaban bo aspecto, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias para atender aos ocupantes do vehículo accidentado. Tamén foron informados os Bombeiros do Morrazo e Pontevedra e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Os bombeiros permaneceron no lugar do accidente para a retirada dos restos do muro, que quedaban tirados pola vía. Do mesmo xeito, as forzas de seguridade solicitaron a presenza do persoal de limpeza e mantemento da Deputación de Pontevedra para que, ademais, se sinalizase a zona afectada.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.