Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de diciembre de 2017

O 112 GALICIA ATENDEU NAS ÚLTIMAS HORAS MÁIS DE 1.300 INCIDENCIAS RELACIONADAS CO PASO DA BORRASCA ANA









O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia xestionou dende as 8,00 horas de onte ata agora un total de 1.308 incidencias relacionadas co paso da borrasca Ana pola nosa comunidade.
Segundo o informe actualizado ás 10,00 h, as incidencias máis repetidas dende o comezo do temporal teñen que ver coa caída de árbores e pólas en estradas (685), actuacións de prevención de riscos dos servizos de emerxencias (109), restos de accidentes e obxectos varios (73) e cables soltos (70).
Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi Pontevedra con 512, seguida da Coruña con 476, Ourense con 165 e Lugo con 155. Os concellos máis afectados son, na provincia de Pontevedra, Ponteareas, Vigo, Salvaterra de Miño, Moaña, Redondela, Cangas, Soutomaior, Lalín, Pontevedra, Gondomar, Tomiño, Sanxenxo, A Estrada, As Neves e Porriño. Na provincia da Coruña, presentan máis incidencias os concellos de Arteixo, Coruña, Oleiros, Cambre, Carballo, Sada, Culleredo, Bergondo, Muros, Santiago de Compostela. Na provincia de Lugo, Vilalba, Mondoñedo, Monterroso e Lugo. E na provincia de Ourense, foron Bande, Verín, Ourense, San Cibrao das Viñas
Na rede de centros infantís están suspendidas as clases na escola infantil de Oza-Cesuras pola caída da cuberta.

Incidencias nas estradas galegas

No que se refire á rede viaria autonómica, na provincia da Coruña, permanece cortado un carril da estrada AC-400 por mor da caída dunha árbore, que está a ser retirada. Xa se pode circular pola AC-552, en Sabón, tras solucionar as incidencias que causaron o seu peche ao tráfico onte pola noite.
Na provincia de Ourense, recoméndase circular con precaución na estrada OU-312, á altura do p.q. 10, onde se está a traballar para retirar unha árbore caída.Na provincia de Pontevedra, tamén se recomenda conducir con precaución na PO-407, onde se produciron arrastres na cuneta, ou na PO-552, no p.q. 59, zona na que se están a resolver as incidencias acontencidas. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.