Si hai un sitio onde se recolle a sabedoría popular ese é, sen dúbida, o refraneiro; e por iso eu, hoxe, voume quedar cun refrán que di: “polos seus feitos os coñeceredes” onde amosa á perfección que, na maioría das ocasións, as nosas accións definen con exactitude quen somos ou o que pensamos; pero, o curioso da cuestión é que, ás veces, son moito mais significativos e curiosos os silencios e a ausencia de opinión.
Unha desas ocasións estamos a vivila estes dias; non creo que faga falta dicir que un dos temas centrais estes dias en Cambados son as protestas dun grupo, cada vez mais numeroso, de cambadeses pola posible instalación dunha antena de telefonía móbil nun terreo de “Os Caeiros”, na zoa de O Brexo. Como de seguro moitos sabedes, un grupo de veciños están a recoller firmas en contra de dita instalación e, de feito, este mércores dia oito de novembro hai convocada unha manifestación para protestar por tal feito.
Eu non vou a entrar no tema nin criticar ao dono que cedeu o seu terreo para tal fin, iso si, a cambio dunha máis que interesante contraprestación monetaria; si me preguntades a miña opinión, diríavos que comprendo perfectamente a ditos veciños i eu tería actuado de idéntica maneira. Si ben é certo que aínda non existe ningún estudio definitivo que afirme, categóricamente, que a proximidade de tales antenas pode ser prexudicial para a saúde, é mais que compresible que moita xente amose a súa preocupación; fai apenas cen anos ninguén se cuestionaba que o tabaco era daniño para a saúde e, hoxe en dia, está demostrado que é a principal causa das mortes por cancro de pulmón e, sin ir tan lonxe, e por poñer outro exemplo mais recente: hasta fai uns vinte cinco anos a cocaina non se miraba con tan malos ollos como a outras drogas duras; os narcotraficantes e os consumidores dicían que non era tan mala como a heroína, estudios posteriores demostraron todo o contrario: que o consumo desta sustancia a longo plazo producía danos irreversibles no cerebro.
Pero, como dicía ao comezo deste artigo, hai ocasións na que o realmente significativo son os silencios e a falta de posicionamento e, concretamente, con isto refírome ao PP cambadés e ás súas páxinas afíns que neste tema, preocupante para unha parte importante dos veciños de Cambados, non dixeron nin “mu”.
Por seguir unha orde comezarei polo PP e, concretamente, polo seu portavoz local, Luís Aragunde.... non deixa de ser curioso que “Luisiño”, agora que descubriu as redes sociais e que aproveita a mínima para manifestar públicamente o que considera inxusto e, así, se nos descolgue con “denuncias sociais”, aínda que sexan autenticas paridas, como aquela ocasión na que se queixaba de que nun concerto, co galo de Cambados como Capital Europea do Viño, se servira cervexa (polo visto para “Luisiño” si non che gustaba o viño non podías ir a ese concerto); pois ben, como dicía, estes dias co tema da posible colocación da antena nos Caeiros aínda non sabemos o que opina un dos posibles candidatos á alcaldía de Cambados, algo que non deixa de ser enormemente anecdótico, pois el sempre anda a dicir que si algo lle preocupa é o benestar de tódolos cambadeses e, non creo, que ninguén me poida discutir que este tema é dunha certa importancia e preocupación..... ¿que pasa Aragunde? ¿por que non te manifestaches aínda públicamente para saber cal é o teu posicionamento e o do teu partido? ¿estas moi ocupado fotografando “cajadas” de cans no parque para colgalas despois en Facebook? Dende logo non creo que sexa por traballo porque si hai algo que che sobra, sen dúbida, é tempo libre. Esperamos ansiosos saber cal é a túa opinión, si é que te deixan porque, ao mellor, coma para outras tantas cousas do pasado tes que pedir primeiro permiso .
Pero si resulta curioso que, a estas alturas da película, aínda non saibamos o que pensa Aragunde e o PP, tamén é, igualmente anecdótico, que as paxinas rancias de “Así es Cambados” ou “Sombras de Cambados”, aínda non publicaran nada ao respecto; eles tan “acostumados” a publicar “anónimos” de veciños indignados por diferentes e variados motivos..... si un profano entrara en calquera das dúas paxinas mencionadas o que pensaría, seguramente, é que aos administradores desas páxinas quédalle moito mas preto Catalunya que “Os Caeiros” a tenor do que colgan: nesta derradeira semana que saltou a problemática da antena, os nosos “amigos” rancios non publicaron unha soa liña sobre o tema, iso si de Puigdemont, de Junqueras, do independentismo catalán, non pasa un dia que non colguen algo.... vamos que eu, para informarme do que pasa en Catalunya, vou ter que entrar con mais frecuencia nas súas páxinas, algo que non deixa de ser gracioso para alguén que vive en Barcelona como é o meu caso. ...... dende aquí eu fágolles chegar un sincero consello aos nosos amigos “carcas” de “Así es Cambados” e “Sombras de Cambados”: vista a vosa “liña editorial” e visto que vos importa moito máis o que pasa na outra punta da península que o que ocorre en Cambados, deberíades cambiar o nome e chamarvos “Así es Catalunya” ou “Sombras de Barcelona”, dende logo seríades moitos máis consecuentes.
Dende aquí estaremos ansiosos por saber que opinan (ao igual que con Aragunde) os nosos “amigos” rancios sobre o tema da posible instalación da antena, aínda que, seguramente, para eles teña moita mais importancia “informativa” que haxa un par de carteis colgados dunha farola e que se esqueceron de retirar a que un grupo de veciños teman das posibles consecuencias que, para a saúde, poida ter a instalación dunha antena, coa agravante da presenza nas proximidades de dous centros escolares e unha escola infantil ...... iso si, o dia dedicado a loita contra o cancro, estes putos hipócritas son os primeiros en colgarse un lazo rosa no peito.
Por último o meu máis sincero apoio a tódolos veciños de Os Caeiros, O Brexo e zonas limítrofes nas súas reivindicacións, esperemos que algún dia non teñamos que lamentar as consecuencias.
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.