A entrega de premios celebrouse no hotel Los Escudos de Vigo, que este ano se celebrou co lema "40 anos facendo país para sermos máis nós", en referencia ao cuatrigésimo aniversario da celebración ininterrompida destes premios, e á que asistiron máis de 300 persoas representativas dos ámbitos da política, a cultura e a sociedade galegas, entre os que se atopaban o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcade de Vigo, Abel Caballero, e Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG).
O responsable do departamento de Cultura da Xunta de Galicia salientou que estes galardóns -instaurados en 1978 da man do Círculo Ourensán-Vigués- levan 40 anos de historia xogando un papel esencial “en prol do desenvolvemento e a normalización cultural e lingüística do país, desde unha vocación construtiva, inclusiva e xenerosa”.

Galardoados edición 2017
Os Premios da Crítica instituíronse coa finalidade de facer público o recoñecemento do labor de persoas ou colectivos no eido da cultura galego, en oito modalidades concretas. Na edición deste ano os premiados foron Antonio Manuel Fraga no apartado de Creación Literaria; Marcos Pérez Pena en Investigación; Luis Emilio Batallán en Música; Programa Conciencia en Iniciativas Culturais e Científicas; María Luisa Sobrino en Artes Plásticas; e Flor Maceiras en Artes Escénicas; Festival S8 en Cine e Artes Audiovisuais; e Grupo Nove en Cultura gastronómica.
O conselleiro de Cultura expresoulle os seus parabéns a todos eles polo traballo realizado e pola “importante aportación para Galicia e o noso progreso”. Así mesmo aproveitou para recoñecer o labor de Bieito Ledo como presidente da Fundación Premios da Crítica e organizador deste evento que ao longo das súas catro décadas de historia ten en nómina 250 persoas e institucións galardoadas .
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.