Un accidente de tráfico, rexistrado esta mañá en Cambados, deixa unha persoa ferida. O vehículo no que viaxaba a vítima envorcou cando circulaba pola PO-549, á altura de Castrelo.
Foi unha persoa particular a que alertou da situación ao 112 Galicia, ás 6:35 horas desta mañá. Segundo explicou, a única persoa ferida, I.N.B., de 31 anos de idade, puidera abandonar o turismo polos seus propios medios.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros do Salnés. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios ao Hospital do Salnés. Un dos carrís da vía tivo que ser cortado mentres se agarda á retirada do vehículo sinistrado.
Un traballador ferido en Ribadumia ao ser arrolado por unha carretilla elevadora
Un operario resultou ferido nas últimas horas, en Ribadumia. A vítima foi arrolada por unha carretilla elevadora cando traballaba nunha empresa de kiwis. As instalacións nas que se produciu o accidente laboral sitúanse en Mosteiro, na parroquia de Portarís.
O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 18:45 horas, a través dun aviso do 061. Os efectivos sanitarios indicaron que estaban a mobilizar dúas ambulancias ata o punto do sinistro.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse a Protección Civil e á Garda Civil.
Imaxes: Protección Civil de Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.