Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de octubre de 2017

XORNADAS DE ENOTURISMO








Na fin de semana a gastronomía terá un papel protagonista en Cambados.
- Os días 27, 28 e 29 de outubro terá lugar a feira de tapas “pinchos de outono”, na que participan un total de 10 locais da hostalería cambadesa.
- O sábado 28 ás 19:00, no Parador de Turismo de Cambados terá lugar a conferencia “a arte no viño, do rito cerimonial ao pracer da degustación”.
Dita conferencia será presentada por Jesús Pilar Sobejano, licenciado en historia da arte, que presentará a súa tese sobre a influencia do viño na arte dende a antigüidade ata a arte contemporánea. Cómo o viño e a vendima foron representadas na historia da arte sempre.
A través dunha presentación moi gráfica ensinarase como na arquitectura, pintura e escultura o viño sempre aparece nas manifestacións artísticas.
Tras a conferencia terá lugar unha cata de 4 viños da D.O. Cigales (Valadolid) das adegas Hiriat, Sinforiano Bodegas, Bodega Salvueros e Bodega Valdelos Frailes do grupo Matarromera, acompañado de conservas de Cambados.
Esta xornada é gratuíta, e as persoas interesadas en participar poderán a anotarse na oficina de turismo en horario de mañá de martes a domingo, no teléfono 986 520 786 ou ben no correo electrónico turismo@cambados.es
- O sábado 4 e o domingo 5 de novembro terá lugar a V edición das Xornadas de Licores e Augardentes Tradicionais de Galicia no Salón José Peña, co seguinte programa:
-Sábado 4:
16:30: cata de augardentes “o son da augardente”
19:00: showcooking coctelería
-Domingo 5:
12:00: no salón de congresos e exposicións José Peña, entrega de premios da II edición de tapas de augardentes.
Xornada de demostración de destilería.
17:00: na praza de Fefiñáns, demostración de destilería por parte de Consello Regulador de Licores e Augardentes Tradicionais de Galicia, onde se fará entrega de premios da II edición do concurso de Pinchos de Outono e onde se poderá degustar os pinchos gañadores.
- E o 12 de novembro terá lugar a VII cata amateur Ruta do Viño Rías Baixas, a partir das 10:30 horas. Haberá un showcooking de ANFACO-CECOPESCA, con conservas de peixe e marisco. A entrada será gratuíta con inscripción previa. Máis información e inscripcións: Ruta do Viño Rías Baixas. Tlf: 986 091 088 / 687 523 230 info@rutadelvinoriasbaixas.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.