O
BNG de Cambados vén de ter coñecemento, polos medios de
comunicación que Cambados Pode anuncia a ruptura do Acordo de
Goberno caso de que non se acepte un ultimatun que plantexan.
O
BNG considera unha falta de respecto enteirarse pola prensa de algo
que afecta ao goberno de coalición que tanto custou crear, e que
abreu unha nova etapa no noso concello depois de décadas de gobernos
do Partido Popular.
Un
goberno plural, como é o de Cambados, é difícil de xestionar, pois
somos catro forzas políticas distintas; e tivemos as catro que facer
renuncia temporal de aspectos dos nosos propios programas para
construír un porxecto común, que permitira recuperar Cambados para
os veciños e veciñas e rematar co desgoberno, o enchufismo e o
sectarismo que existían no noso concello.
Conscientes
desa complicación, fomos quen introducimos no Acordo de Goberno unha
comisión de seguimento do mesmo, algo que tivo reticencias por parte
dos outros tres grupos políticos. Foi o BNG tamén o que solicitou
que esa comisión de seguemento se reunira, algo ao que se negaron as
outras tres forzas até que as circunstancias obrigaron a manter unha
reunión, para tentar solventar problemas existentes de funcionamento
e de usurpación de funcións.
O
BNG seguiu propoñendo aos outros grupos a necesidade de coordenarnos
e de manter un respecto polas áreas de goberno de cada quen e unha
lealdade para cos compañeiros e compañeiras de goberno.
Desgraciadamente,
as veces semella que hai máis interese en saír na foto e en
aproveitar de xeito partidista o labor de goberno, que en traballar
conxuntamente nun proxecto que os cambadeses e cambadesas decidiron
que fora plural.
O
BNG diante da delicada situación na que se atopa desde hoxe un
goberno no que estamos comprometidos desde o primeiro día, quere
deixar claro aos cambadeses e cambadesas que non vai aceptar
espectáculos nin pelexas de galos.
Entendemos
que os nosos veciños e veciñas valoran positivamente o labor do
goberno, pero tamén levamos tempo advertindo de que precisamos
reflexionar os catro grupos políticos ao respecto das deficiencias
de funcionamento e de como debemos facer para solventarlas polo ben
de Cambados.
O
BNG vén de solicitar aos outros tres grupos políticos que reunamos
con urxencia a comisión de seguemento do Acordo de Goberno, pois
debe ser aí onde expoñamos as discrepancias que poidamos ter, e
onde busquemos as solucións.
O
BNG está no goberno de Cambados para traballar polos veciños e
veciñas, e entendemos que o levamos demostrado. O BNG ten toda a
disposición para manter o pacto de goberno, pero non imos aceptar
nin ultimátuns nin actuacións personalistas, que poñan en perigo
un proxecto que ilusionou e segue ilusionando á maioría dos
cambadeses e cambadesas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.