Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de septiembre de 2017

MARTÍN CÓDAX ENTREGA OS RECADADO NOS "XOVES DE CÓDAX" A 9 ASOCIACIÓNS










Por cuarto ano consecutivo, Adegas Martín Códax destina a recadación obtida coa venda de entradas en Os Xoves de Códax a fins benéficos. Este ano, o importe total que se repartirán as nove asociacións beneficiarias ascende a máis de 27.000 euros, o que significa que ao longo das seis edicións desta convocatoria levan recadados máis de 65.000 euros.

A fin de dar luz á entrega destas doazóns que realiza a adega cambadesa, celebrouse un acto público coa participación de José Martínez Chantada -presidente da adega- e María Garrido -directora de Márketing-, quen agradeceu ás asociacións todo o labor realizado. Cada entidade recibiu a recadación de cada un dos concertos celebrados todos os xoves de xullo e agosto. Os colectivos beneficiarios son Cáritas Arousa, Afasal, Esperanza Salnés, Lareira prol saúde mental, Fundación Arela, Down Pontevedra, Fundación de Medicina Xenómica de Galicia e AECC Pontevedra.

Convén lembrar que Os Xoves de Códax convertéronse, desde 2014, non só nun proxecto de apoio aos artistas e á música de Galicia, senón tamén nun programa solidario que, grazas á colaboración con máis de 15 entidades, puido dar apoio a causas tan diversas como a asistencia a persoas sen recursos ou con discapacidades, o apoio a nenos con enfermidades de longa duración ou a investigación de enfermidades como o cancro ou o Alzheimer.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.