Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de septiembre de 2017

CURSOS DIRIXIDOS A MULLERES DO MAR








BASES QUE REGULAN A PARTICIPACIÓN NOS CURSOS DIRIXIDOS A MULLERES DO MAR, MOZAS/MOZOS DO SECTOR PESQUEIRO E CARPINTERÍAS DE RIBEIRA PARA AUMENTAR AS COMPETENCIAS NO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO GALP RÍA DE AROUSA


OBXECTIVO
Mellorar as compotencias e capacidades de certos colectivos dos profesionais do mar para o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro.

DESTINATARIOS

-Mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Xoves, ata 35 anos, profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.

CALENDARIO E SEDES

Fase presencial
 A data de realización do curso presencial será o 20 de setembro e terá unha duración de catro horas, de 16 a 20.  O lugar de celebración será  a Aula de seminarios de FEXDEGA, Avd. Rodríguez Mendoza s/n, Vilagarcía de Arousa.

Fase personalizada
O curso ten un carácter eminentemente práctico e se realizarán sesións personalizadas nas sedes e nas localizacións das actividades de turismo mariñeiro cunha duración mínima de dúas xornadas.

PRAZOS E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 18 de setembro ás 23:59 h.
As solicitudes deberán ser feitas remitindo o impreso adxunto (asinado, datado e selado) a gac5@accioncosteira.es


BASES
As bases da convocatoria están publicadas en https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.