Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
3 de agosto de 2017
FAMOSOS E ANÓNIMOS ATEIGARON O PASEO DA CALZADA
Miles de persoas ateigaron onte o Paseo da Calzada desde o mediodía ata ven entrada a madrugada.
Rostros coñecidos da pequena pantalla ou da radio estiveron presentes durante a xornada inaugural da LXV Festa do Albariño.
Un actor, aparte do pregoeiro visitou as casetas das adegas da D.O. Rías Baixas. Este non era outro que Unax Ugalde que aproveitando a súa estadía nesta terras do Salnés onde está a grabar a nova serie para Mediaset. "Vivir sen Permiso" non se quixo perder a Festa.
Bio de Unax Ugalde
"Vivir sen permiso", serie de Alea Media, foi creada para Telecinco polo produtor, guionista e showrunner Aitor Gabilondo a partir dunha idea orixinal do escritor Manuel Rivas.
No elenco artístico, destacan os actores Jose Coroado, Álex González, Àlex Monner, Ricardo Gómez e o propio Unax Ugalde, participarán tamén os intérpretes galegos Luís Zahera, Ledicia Sola, Xabier Deive, Daniel Currás, Camila Bossa, Mercedes Castro, Manuel Cortés, Carmela Martins e Paula Pier, entre outros.
"Vivir sen permiso" narra o declive dun líder poderoso, dominante e temido que controlou con man de ferro durante anos a comunidade na que vive, e o espectáculo cruel e desapiadado que ofrecen os seus familiares e achegados por facerse co control do seu imperio. Paixóns, rivalidades e intereses enfrontados; intensas tramas emocionais e persoais dos personaxes e momentos violentos e impactantes propios do thriller son os eixos ao redor dos que se vertebra a serie.
O argumento céntrase na historia de Nemesio ¨Nemo¨ Bandeira, un home que se enriqueceu no pasado con actividades ilegais pero que conseguiu blanquear a súa traxectoria ata erixirse nun dos empresarios máis influentes de Galicia, a través dunha importantísima compañía conserveira. Cando a Nemo diagnostícanlle Alzheimer, tratará de ocultar a súa enfermidade para non mostrarse vulnerable mentres pon en marcha o proceso para elixir o seu sucesor, o que provoca unha hecatombe na familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.