Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de julio de 2017

EDUCACIÓN PECHA 4 ESCOLAS UNITARIAS NAS RÍAS BAIXAS









Imaxe: Faro de Vigo


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de rematar a revisión da matrícula dos centros escolares públicos nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial para o vindeiro curso 2017/18, un proceso habitual que se leva a cabo todos os anos antes do inicio de cada curso co fin de adecuar o número de unidades ao de alumnas e alumnos matriculados en cada centro educativo. 
Conforme aos datos definitivos de matrícula, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo nove escolas unitarias, debido ao baixo nivel de alumnado nestes centros. A consellería mantén, un ano máis, o mesmo criterio para suprimilas, é dicir, que conten con cinco ou menos alumnos e alumnas. 
Así, na provincia da Coruña non reúnen os requirimentos para continuar abertas as EEI de Saltiño, en Boiro (sen alumnos/as); o CEIP de Revoltiña, na Laracha (con catro alumnos/as), a EEI de Rúa, en Padrón (con cinco alumnas/os), e a EEI de Seira, en Rois (con un alumno). En Ourense atinxe ao CEIP Víctor M. Vázquez Portomeñe, de Xunqueira de Espadanedo (sen alumnos). Por último, na provincia de Pontevedra, deixarán de funcionar a EEI Monte da Vila, no Grove (con catro alumnos/as), a EEI de Xil-Meaño, en Meaño (con cinco alumnos/as), a EEI de de Portosanto, en Poio (con catro alumnos/as) e a EEI de Tremoedo en Vilanova de Arousa (con catro alumnos/as). En calquera caso, todos os alumnos e alumnas destes centros teñen asegurada unha praza escolar noutro centro educativo próximo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.