Datos positivos do paro rexistrado, que marca un descenso interanual de máis de catrocentas mil persoas. Os datos correspondentes ao mes de xuño, no que se acada o numero de parados máis baixo dos últimos oito anos. O mes de xuño rematou con 98.317 parados menos rexistrados nos servizos públicos de emprego. O descenso é dun 2,84% e o número total da parados é de 3.362.811, a cifra máis baixa dos últimos 8 anos.
En Galicia, xuño rematou con 9.973 parados menos. O descenso é dun 5% e o número total de parados rexistrados é de 189.665.
Na povincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) reduciuse en xuño respecto ao mes de maio en 4.692 persoas. Este dato supón un descenso do -5,91%.
A cifra de persoas inscritas é de 74.654 na provincia, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
En taxa interanual, en relación co mesmo mes de 2016, na provincia contabilízanse 7.650 desempregados menos, o que representa unha baixada do 9,29%.
Polo que respecta ao Salnés os datos son moi positivos xa que se rexistra unha baixada xeraliza destacando Sanxenxo, O Grove, Cambados e Vilagarcía con 305, 235, 161 e 154 parados menos respectivamente.
XUÑO 2016 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.