Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de junio de 2017

SERÁN DEPORTIVO, GASTRONÓMICO E MUSICAL DO C.J. CAMBADOS










Este sábado dia 1 de xullo, o Club Juventud Cambados organiza o seu tradicional serán de final de tempada.
O formato será idéntico ao dos últimos anos. Durante a xornada de mañán, os rapaces do fútbol base disputarán un torneo 3x3. Pola tarde será o turno do torneo 3x3 categoría senior. Así, todos aqueles que queirades inscribir un equipo podedes facelo no teléfono 686338787.
Haberá unha zona gastronómica, onde poderás degustar, entre outras cousas, de churrasco, mexilóns, polbo, etc...
Xa pola noite, diversas actuacións musicais amenizarán o fin de festa.

Estades todos convidados a ir ata ao Pazo Torrado a disfrutar do serán deportivo, gastronómico e musical.

¡Non o dubides e achégate este sábado ata o Pazo Torrado!

Contan con todos para celebrar o fin de tempada do Club Juventud Cambados.
¡¡Anímate a pasar unha gran xornada no Pazo Torrado!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.