Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de junio de 2017

CAMBADOS ACOLLE O 3º ENCONTRO DE TELEASISTENCIA DA DEPUTACIÓN











Cambados acolle este xoves o terceiro encontro 2017 de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra

O servizo, que asiste a 450 usuarios de 47 concellos da provincia, atendeu o ano pasado 5.000 chamadas de emerxencia e inclúe tamén un programa de prevención do suicidio


O Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados acollerá mañá, xoves 29 de xuño, a "III xornada de convivencia" do 2017 de usuarios e usuarias do Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra, que pretende ofrecer un día de ocio e lecer alternativo para estas persoas, que rache coas súas rutinas diarias, e no que tamén poidan aproveitar para intercambiar experiencias e problemáticas comúns polas que sen ven afectadas.

A actividade, á que asistirán a deputada de Cohesión Social Digna Rivas e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, está dirixida aos usuarios e usuarias do servizo de teleasistencia dos concellos de Cambados, O Grove, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa e contará cun espectáculo de maxia e animación a cargo do Mago Noel, globoflexia e música, todo acompañado por un pequeno ágape.

O obxectivo fundamental do servizo de teleasistencia da Deputación é permitir a permanencia das persoas usuarias no seu medio de vida habitual e o contacto permanente co seu entorno socio-familiar, evitando o illamento social, a soidade e asegurando a intervención inmediata ante situacións críticas, o que repercute moi positivamente na calidade de vida destas persoas.

Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só  pulsar un botón, os e as usuarias reciben asistencia inmediata, 24 horas ó día e 365 días ó ano, mobilizando os recursos necesarios para dar solución ao problema. Isto é posible grazas a un terminal asociado á liña telefónica, que se instala nos domicilios e que permite establecer unha comunicación directa desde calquera punto da casa, similar ao sistema de "mans libres" dos teléfonos móbiles.

Ademais do seguimento teleasistido e as xornadas de convivencia, o programa inclúe visitas regulares aos usuarios e usuarias co obxectivo de acompañar a estas persoas e así minimizar o sentimento de soidade e illamento ao que moitas se ven abocadas. No ano 2016 o servizo efectuou destas 276 visitas de seguimento, que se sumaron ás que se realizan habitualmente para a resolución de diversas incidencias.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.