Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de junio de 2017

O MARTES DISPÚTASE EN CAMBADOS A FINAL DA COPA DIPUTACIÓN DE FÚTBOL FEMININO











O Arousana e o Sárdoma medirán as súas forzas en Cambados na final da Copa de Fútbol Feminino da Deputación de Pontevedra
O campo de Burgáns acollerá o encontro que será retransmitido dende a páxina web da institución provincial

A gran final da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol feminino xa ten nomes propios, despois que na xornada de onte se xogase a semifinal da zona Sur entre os equipos do Sárdoma e do Matamá. Coa vitoria do Sárdoma por 4 goles a 2 xa se coñece o rival do Atlético Arousana, gañador da semifinal da zona Norte o pasado domingo.

O Arousana e o Sárdoma enfrontaranse o martes día 20 ás 21:15 horas no campo de Burgáns en Cambados, dentro dos actos da Cidade Europea do Viño 2017 "Pola Igualdade", nun partido que será retransmitido vía streaming  na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.es. O encontro contará coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a deputada de Deportes, Chelo Besada e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, entre outras autoridades.

A primeira semifinal da zona Norte xogouse o pasado domingo 11 no campo de Barrantes entre o Atlético Arousana e o Umia cun resultado de 3 goles a un a favor do equipo de Vilagarcía.

Na segunda semifinal da zona Sur, disputada onte no campo das Relfas, entre o Matamá e o Sárdoma o resultado foi de 4 goles a 2 na rolda de penaltis.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.