Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de junio de 2017

A CONSELLEIRA ROSA QUINTANA FELICITA A CONFRARÍA CAMBADESA











A confraría de Cambados comezou hoxe os actos de celebración do seu centenario cunha xornada de conferencias. Contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana,  do patrón maior da localidade, Ruperto Costa, A alcaldesa Fátima Abal e o deputado provincial Xosé Leal. O primeiro relatorio, correu a cargo de Adela Leiro, e que tratou sobre a historia do depósito cambadés.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, felicitou esta mañá á confraría de Cambados polo 100 aniversario do seu nacemento. Fíxoo no transcurso dos actos de celebración do centenario da entidade, un día de ledicia e de satisfacción para recordar unha entidade que se converteu na primeira das súas características creada en España.
Alí, Rosa Quintana apelou ao mantemento constante do diálogo co sector na toma de decisións no ámbito da xestión pesqueira, sobre todo nos eidos do marisqueo e da pesca costeira artesanal e de baixura, de cara a que “os profesionais do mar sigan sendo protagonistas do futuro mariñeiro de Galicia”, remarcou.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.